Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O concello de Tui impulsa o baldeo de rúas do centro urbano
Data: 03-09-2013- 10:48 h.
765 veces
NOVA

Martes, 3 de setembro de 2013. O Concello de Tui inicia nestas datas o baldeo de diversas rúas do centro urbano da cidade, tanto na zona do conxunto histórico como noutras rúas céntricas da localidade. Está previsto que este labor de limpeza se desenvolva a primeiras horas da mañá, realizándose de xeito periódico para garantir a necesaria limpeza das mesmas e contribuír ao ornato da nosa cidade.

 

Neste sentido dende o propio Concello tudense se solicita a colaboración dos veciños neste proceso de limpeza, reclamando a súa comprensión no horario madrugador de realización destes traballos, que comezaran arredor das 07,00 horas, e igualmente se reclama esta cooperación no cumprimento das ordenanzas sobre os horarios de depósito do lixo nos contedores, establecido logo das 21,00 horas e no respecto ás sinalizacións que se colocarán con limitacións de estacionamento para facilitar este labor de limpeza.

 

Tamén está previsto que se proceda a unha campaña de limpeza dos contedores de lixo que se irán retirando progresivamente para proceder ao seu lavado e contribuír deste xeito a unha imaxe máis limpa da nosa cidade.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625