Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui promociónase como localidade do Camiño de Santiago en Facebook
Data: 04-08-2013- 00:51 h.
604 veces
NOVA

Venres, 2 de agosto de 2013. O Concello de Tui pon de novo en marcha a páxina de información sobre o Camiño de Santiago Portugués en Tui na rede social Facebook.


Baixo o nome Tui Camino de Santiago, a páxina serve de canle de comunicación e información para todos aqueles futuros peregrinos que planean facer o camiño desde ou pasando pola nosa cidade.


Conta xa con máis de 5600 seguidores de todas as partes do mundo aos que diariamente se lles ofrecen novas sobre rutas, transportes, albergues ou calquera outro tipo de información que requiran.


A páxina fomenta así a promoción turística da cidade e sirve de diario onde se publican fotografías tomadas nas rúas de Tui a peregrinos no seu paso a Compostela.


O enderezo da páxina é www.facebook.com/tui.caminodesantiago.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625