Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello de Tui expresa as súas condolencias as familias das vítimas, en especial á da tudense Blanca Padín
Data: 26-07-2013- 08:23 h.
972 veces
NOVA

Xoves, 25 de xullo de 2013. O Concello de Tui desexa expresar as súas condolencias ás familias das vítimas do accidente ferroviario rexistrado onte mércores en Santiago, así como desexar unha pronta recuperar aos feridos neste sinistro. De xeito especial o Concello de Tui quere transmitir o seu pésame á familia da vítima tudense desta  traxedia, a profesora Blanca Padín, que desgraciadamente faleceu neste accidente cando volvía de Madrid. O Concello de Tui amosa as súas condolencias ao seu fillo Carlos Vázquez Padín, concelleiro na corporación, a súa filla Débora, así coma ao resto da súa familia. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, desprazouse esta tarde a Santiago para acompañar a familia de Blanca Padín nestes difíciles momentos.

 

O alcalde de Tui informa que o Concello de Tui se suma aos 7 días de loito oficial establecidos tras esta traxedia. Nestes sete días quedan suspendidas todas as actividades organizadas directamente polo Concello. As bandeiras dos edificios municipais ondean dende esta mañá a media asta en sinal de do.

 

Mañá venres ás doce do mediodía  gardaranse cinco minutos de silencio ante a Casa do Concello en memoria das vítimas desta traxedia, e en especial na memoria de Blanca Padín.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625