Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O servizo de prevención de drogodependencias edita un novo exemplar da revista "Aprende a escoital@s"
Data: 02-07-2013- 11:30 h.
607 veces
NOVA

Martes, 2 de xullo de 2013. O Servizo de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas, dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, procedeu á edición dun novo número da revista “Aprende a escoital@s” que trata temas de prevención e está dirixida á familia, tanto ás nais/pais coma aos fillos/as.

 

Este ano a revista estará en soporte dixital, entregóuselle un cd coa revista a todos os colexios do Concello, para que a poidan colgar nas súas páxinas web. Tamén estará accesible na páxina web do Concello www.concellotui.org Agradecer a todos os colexios e colaboradores a súa participación na mesma.

 

Olga Montes, concelleira de Servizos Sociais, convida aos veciños a coñecer o importante labor que desenvolve este departamento municipal de prevención de drogodependencias en labores de educación, información, orientación e prevención cos escolares dos diversos centros educativos do nos municipio pois algunhas das súas actividades se recollen nesta revista. Este servizo municipal está a disposición de todos os interesados na Casa do Concello, atendido por persoal especializado.

 

Dende o Servicio de Prevención, segundo informa a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, queren recordarlles aos colexios, asociacións, pais/nais ou profesionais que queiran participar, que poden enviar os seus traballos, artigos, etc. co obxectivo de converter esta publicación nunha plataforma que recolla as inquedanzas destes sectores e as súas propostas e actividades.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625