Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O teatro Municipal de Tui forma parte de "TrocoxTroco" o primeiro circuito de intercambio Teatral entre Galicia y Portugal
Data: 19-06-2013- 13:47 h.
803 veces
NOVA

Son oito espazos na eurorrexión: Braga, Coimbra, Évora, Porto, Narón, Santiago, Ourense e Tui

 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou onte o programa 'Troco x Troco', o primeiro circuíto organizado de intercambio teatral con Portugal no que participan catro espazos galegos e catro portugueses nun calendario pechado de actuacións ata 2014, entre eles o Teatro Municipal de Tui Oito compañías de ambos os dous países serán as encargadas de inaugurar esta iniciativa, no marco da que se ofrecerán un total de 32 representacións a partir de outubro en Narón, Ourense, Santiago de Compostela, Tui, Braga, Coimbra, Évora e Porto.

 

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, participou onte no Salón Teatro de Santiago na presentación desta iniciativa, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que estivo acompañado polos representantes das compañías e dos teatros que dan forma a esta primeira edición de 'Troco x Troco', que en Portugal terá lugar entre os meses de outubro e novembro, mentres que en Galicia se estenderá ata o ano que vén en dúas quendas de programación: a primeira delas no último trimestre de 2013 e a segunda durante o primeiro semestre de 2014.

 

Pola banda galega participaron tamén Xosé Manuel Blanco, alcalde de Narón, concello que participa no programa co Pazo da Cultura; Avelino García Ferradal, deputado de Cultura da Deputación de Ourense, polo Teatro Principal da capital ourensá; e Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego (CDG), ademais dos directores das catro compañías galegas seleccionadas: Sarabela Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste.

Desde Portugal, desprazáronse ata a capital de Galicia os responsables da Cena Lusófona, así como das formacións 'A Escola da Noite' de Coimbra, Companhia de Teatro de Braga (CTB) e 'Seiva Trupe' do Porto que, xunto co Centro Dramático de Évora (Cendrev), actuarán en Galicia dentro desta primeira edición. Todas elas son compañías residentes nos catro teatros lusos que programarán espectáculos de Galicia: Theatro Circo de Braga, Cerca de São Bernardo de Coimbra, Teatro Garcia de Resende de Évora e Teatro do Campo Alegre do Porto.

 

Cultura e Educación promove a posta en marcha deste proxecto a través dun acordo asinado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Centro Dramático Galego (CDG) coa Cena Lusófona-Associação Portuguesa para o Intercâmbio Teatral. O obxectivo é recuperar e normalizar as relacións entre as escenas galega e portuguesa, de xeito que o diálogo teatral transcenda o ámbito exclusivamente profesional para implicar tamén os espectadores.

 

O proxecto comezou a deseñarse a principios deste ano e, xa desde os seus inicios, contou cunha participación moi activa dos oito teatros implicados nunha iniciativa que tamén busca favorecer a racionalización da xestión administrativa no ámbito da difusión e da distribución escénica. O resultado é o desenvolvemento de sinerxías de traballo moi enriquecedoras tanto para os concellos como para as compañías e o público xeral. 'Troco x Troco' nace con vocación de continuidade e de consolidación nas sucesivas temporadas a modo de ciclo cultural de Galicia en Portugal, e viceversa, a través de diferentes propostas multidisciplinares que complementarán a exhibición dos espectáculos no marco deste circuíto.

 

Para o rexedor tudense a inclusión do Teatro Municipa, tudense nesta iniciativa é um recoñecemento ao traballo que dendê hai dez anos realiza o Concello tudense neste espazo cultural consolidado como un referente en Galicia, cunha media de asistencia das mais amplas do país e unha programación de gran calidade. A escolla de Tui para esta iniciativa significa tamén impulsar o traballo que se desenvolve ao abeiro da creación da Eurocidade Tui – Valença, tamén no âmbito da cultura

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625