Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A cooperativa Manitas Monster, do CEIP nº1 de Tui, vendeu hoxe os seus produtos no mercado de Tui
Data: 20-05-2013- 09:38 h.
798 veces
NOVA

A concelleira, Olga Montes, entregoulles o permiso para vender no mercado semanal

 

Xoves, 16 de maio de 2013. A concelleira do Mercado, Olga Montes, foi este mediodía a responsable de facer entrega á directiva da cooperativa Manitas Monster do CEIP nº1 de Tui, o permiso de venda no mercado semanal. Este documento, que tramitaron previamente ante o concello, recibírono o presidente da cooperativa Ángel Giráldez, xunto a Miguel Giráldez e Marcos Sánchez membros da directiva. No acto tamén estivo presente Miguel Panette, técnico da Deputación do Proxecto Eme Cooperanova, e Cristina Novoa, directora do CEIP nº1.

 

“Emprender na miña Escola – EME Cooperanova” é un proxecto educativo dirixido o alumnado de Educación Primaria da provincia de Pontevedra que consiste na creación e xestión dunha cooperativa escolar. Está promovido pola Deputación de Pontevedra.

 

Os alumnos participantes neste proxecto, que cursan 6º de Primaria, valoraron moi positivamente a experiencia. O 10% dos beneficios que obteñan destinaranos á unha Protectora de Animais. A cantidade restante invertirana en realizar o Camiño de Santiago dende Caldas a Compostela o 29, 30 e 31 de maio.

 

A concelleira Olga Montes valorou moi positivamente o traballo realizado por os membros de Manitas Monters na creación dunha gran variedade de produtos dende pedras pisapapeis, a pinzas do pelo, broches, salvamanteis, carpetas, prantas...que hoxe venderon a prezos que oscilaban entre 1 e 3€. A edil salientou amais que deste xeito aprenderon non só todo os trámites para facer un cooperativa, ou a obter o permiso municipal para á venda, senón tamén a traballar en equipo e cooperar. 


Manitas Monster

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625