Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O equipo cadete A Fábrica de Tui Fútbol Sala xógase o campionato de Liga Federado de Vigo
Data: 25-04-2013- 11:03 h.
635 veces
NOVA

Mércores, 24 de abril de 2013. Este sábado 27 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón deportivo das Travesas de Vigo, xogarase o partido entre o equipo cadete tudense A Fábrica de Tui Fútbol Sala contra o equipo Vigo 2015, no que o equipo adestrado por Javier Reboreda poderá proclamarse campión da liga federada de Vigo na categoría cadete.

 

Este equipo tamén disputará este xoves o partido da Copa Cadete de fútbol sala contra o conxunto do Coruxo “B” F.S., ás 20.30 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio.

 

Por outra parte, o tudense Gustavo Rodríguez foi convocado para o Campionato de Europa de Triatlón de Media Distancia que se disputará na localidade barcelonesa de Calella, o día 19 de maio. Lembrar que Tavo ven de acadar o noveno posto no Campionato de Europa de Duatlón de Larga Distancia.

 

Neste mesmo deporte, o tamén triatleta tudense Iván Pereira acadou a cuarta posición no Triatlón de Elche, entre os máis de 1.400 participantes.

 

O Concello de Tui desexa moita sorte ao equipo cadete A Fábrica de Tui Fútbol Sala nos seus próximos partidos, así como a Gustavo Rodríguez no Campionato de Europa, e felicita a Iván Pereira pola súa cuarta posición neste triatlón.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625