Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá martes, día do libro, con "Tui le, os libros na praza de San Fernando"
Data: 22-04-2013- 15:02 h.
773 veces
NOVA

Luns, 22 de abril de 2013. Mañá martes 23 de abril de 2013 e coincidindo coa celebración do “Día do Libro” unha nova edición de “Tui le: os libros na Praza de San Fernando”. Nesta xornada máis de mil rapaces dos diversos centros escolares do noso municipio achegaranse ata esta céntrica praza tudense para intercambiar os seus libros vellos e/ou usados asi como realizar, ao longo da mañá, diversas actividades de recitado, interpretación e música. Este ano por vez primeira se incorporan a esta actividade dous grupos escolares da inmediata cidade de Valença que se suman a esta festa sobre o libro e a lectura que dende hai xa catro anos organiza a Biblioteca Municipal tudense xunto coas bibliotecas escolares do noso municipio.

 

Ao longo da mañá tamén todos os veciños de Tui que o desexen poden participar nesta festa do libro e a lectura por cuarto ano consecutivo organizan os centros bibliotecarios tudenses para ateigar esta praza de libros, promovendo o acceso á cultura escrita dun xeito gratuíto para todos os interesados-

 

Con esta actividade comeza o programa que desenvolverá a Biblioteca Pública Municipal de Tui que baixo o nome de “Mes dos Libros” ao longo dos meses de abril e maio e que agrupa a un total de sete actividades de animación e promoción da lectura espalladas ao longo destes trinta días. Este programa de actividades conta coa colaboración do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, asi como as bibliotecas escolares dos centros educativos de Tui.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625