Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A selección española xuvenil femenina de balonmán adestrará en Tui
Data: 18-03-2013- 08:27 h.
491 veces
NOVA

Sábado 16 de marzo de 2013. O próximo luns 18 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, e o martes 19, de 10.30 a 12.30 horas, a Selección Española Xuvenil Feminina de Balonmán realizará, no novo pavillón municipal de deportes de Tui, dúas sesións de adestramento, como preparación para a fase clasificatoria do Campionato de Europa de Polonia 2013, que se disputará na localidade pontevedresa de Porriño, durante os días 22, 23 e 24 de marzo.

 

As xogadoras dirixidas por Patricia I. Sosa e Alfredo Rodríguez enfrontaranse nesta fase clasificatoria ás seleccións de Italia, Bulgaria e Suecia no seu camiño cara o Campionato de Europa de Polonia no próximo verán.

 

Para o Concello de Tui a presenza deste grupo do combinado nacional é unha satisfacción por canto expresa o alto nivel dos equipamentos deportivos que posúe o noso municipio ao servizo dos seus cidadáns.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625