Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ata o 12 de marzo abre o prazo de inscrición na Feira de Artesania de Tui (4-5 de maio)
Data: 26-02-2013- 17:22 h.
705 veces
NOVA

Apertura do prazo de inscrición para a Feira de Artesanía de Tui

Os interesados poderanse anotar ata o 12 de marzo

 

Martes, 26 de febreiro de 2013. A Concellería de Cultura de Tui informa do prazo de inscrición para a XVII Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade no primeiro fin de semana de maio. O obxectivo é dinamizar e apoiar a produción artesanal a través da venda directa, así como potenciar o conxunto histórico de Tui.

 

Os artesáns que desexen participar deberán estar en posesión da carta e artesán e deberán cubrir a solicitude que poderán recoller ou solicitar no departamento de Cultura do Concello de Tui.  A solicitude e a documentación requirida deberá ser remitida antes do 12 marzo. Existe un límite de 30 participantes.

 

A feira celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22h, na rúa Ordóñez e nas prazas do Concello, San Fernando e a Misericordia de Tui.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625