Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Este domingo comezan as competicións no campo municipal de fútbol de Foxo - Caldelas
Data: 08-02-2013- 14:27 h.
915 veces
NOVA

 

ESTE DOMINGO COMENZAN AS COMPETICIÓNS NO CAMPO DE FÚTBOL DE CALDELAS

A dotación de céspede artificial e outras obras supuxo un investimento de 234.833 €

 

Venres, 8 de febreiro de 2013. Este domingo terá lugar o primeiro partido oficial no campo municipal de Foxo – Caldelas, entre o equipo desta parroquia tudense e o Vincios, culminando un alongado proceso de dotación de céspede artificial a este térreo deportivo desta parroquia tudense que ve substancialmente mellorado este equipamento público para a práctica do deporte.

 

O importe desta obra acada os 234.833 euros sendo financiado nun 50% pola Deputación provincial de Pontevedra, namentres que o restante 50% é asumido polo Concello de Tui mediante un préstamo da Caixa de Anticipos da propia Deputación.

 

A zona na que se actuará supón unha superficie de 5.586 metros cadrados. O terreo de xogo foi explanado, nivelado e compactado na fase previa do proxecto. Nela, executouse unha capa de zahorra artificial así como unha capa de aglomerado que servirá de soporte ao céspede artificial que agora se colocará. Os lindeiros do campo contarán cunhas bandas de ancho de 2,5 metros nas do fondo e de 2 metros nas laterais. O campo contará con herba artificial, un campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, dúas bancadas para suplentes, un xogo de banderíns de córner, un marcador electrónico así como unha varanda perimetral de aluminio que delimite o terreo de xogo. Complétase a intervención cunha rede de drenaxe para eliminar a auga da choiva e o sobrante do rego a través dunhas rellas situadas nas bandas

 

Moisés Rodríguez agradece especialmente a colaboración da Deputación Provincial para rematar este equipamento deportivo. Dende agora o municipio tudense contará con tres campos de herba sintética: o existente no complexo deportivo ´”Alvarez Durán”, o campo da parroquia de Ribadelouro e este de Caldelas, evidenciando o importante compromiso do goberno municipal tudense pola promoción do deporte base e afeccionado, neste caso no ámbito do fútbol, que disporá así duns equipamentos de alto nivel para a práctica deportiva. O alcalde de Tui congratúlase da culminación desta obra que da cumprimento ao  compromiso asumido polo goberno municipal tudense.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625