Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Un centenar de coches participarán este sábado no II Rallie de Regulariedade Lamprea San Telmo
Data: 21-01-2013- 14:41 h.
772 veces
NOVA

Un centenar de coches participarán este sábado no II Rallie de Regulariedade Lamprea  San Telmo

Sairá ás 17h do Paseo da Corredoira de Tui

 

Luns, 21 de xaneiro de 2013. Tui vai ser este sábado o epicentro do II Rallie de Regulariedade Lamprea San Telmo organizado por ArboMotorsport coa colaboración do Concello de Tui. No mesmo van participar duascentas persoas entre pilotos e copilotos que competirán nun centenar de coches tanto clásicos como actuais.

 

O rallie foi presentado esta mañá, na Área Panorámica, polo xefe dos Tramos do Rallie, Juan José González e a secretaria, Enma Solla, acompañados polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo,  e outros membros da escudería organizadora.

 

O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, explicou que esta é a primeira vez que esta proba deportiva ten sede en Tui , amosando o seu convencemento no éxito deste rallie e na súa repercusión en Tui e na contorna. Desexou sorte aos organizadores na celebración desta proba ao tempo que amosou o seu desexo que de Tui se converta en sede desta competición.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, fixo fincapé en que este non é un rallie de velocidade excesiva e que no mesmo se cumpren todas as normas de circulacións.  Tamén incidiu na importancia de recuperar este rallie e na potenciación que este tivo de actividades fan da zona.

 

Juan José González explicou que este rallie é puntuable para o Campionato Galego, o que fará que se acheguen ata Tui pilotos e copilotos de renome, así como o tudense José Villaverde, que estrea modalidade, tamén posiblemente participe  o piloto galego Manuel Senra.

 

Tui será o epicentro do rallie no que se percorrerán un total de 163 km cronometrados e 40 km en enlaces, chegando tamén a Tomiño, Gondomar, Salceda e O Porriño. Non poden superar en ningún momento os 49,9 km/h.

 

Ás 14h do sábado está prevista as verificacións administrativas e ténicas. Ás 16h instalarase o aparcamento pechado no Paseo da Corredoira, dende onde os pilotos tomarán ás saída ás 17h. Tras un percorrido por lugares como río ou o Monte Aloia os participarán volverán a Tui para reagruparse ás 19.15h no Paseo da Corredoira, e iniciar a segunda fase da proba ás 20h.  O remate será ás 21.30h nun restaurante do Porriño onde cearán e farán a entrega de premios.

 

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na clasificación xeral, así como para o primeiro equipo masculino, para o primeiro equipo misto, e para o primeiro feminino. Tamén recibirá trofeo o coche que menos penalizacións realice, para o primeiro equipo federado e para o coche más antigo en competición.

 

O prazo de inscrición pecha mañá martes. Pódese ampliar esta información en arbomotorsport.wordpress.com

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625