Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O proxecto "Enredando, artesanía na escola" da Consellería de Economía e Industria inicia en Tui una nova edición
Data: 11-01-2013- 14:21 h.
678 veces
NOVA

 

O PROXECTO "ENREDANDO, ARTESANÍA NA ESCOLA" DE ECONOMÍA E INDUSTRIA INICIA EN TUI UNHA NOVA EDICIÓN ACHEGANDO OS OFICIOS ARTESANAIS AOS RAPACES

 

§        A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, presentou os módulos “Do papel ao libro” e “Os vermes da seda” do proxecto “Enredando, artesanía na escola” no CEIP Nº2 de Tui (Pontevedra).

 

§        A iniciativa da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño persegue concienciar á sociedade, comezando polos máis novos, do valor do produto feito á man

 

Tui, 11 de xaneiro de 2013. A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, acompañada da concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, presentou hoxe os módulos Do papel ao libro e O gremio da seda do programa didáctico “Enredando, artesanía na escola” organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo de achegar os oficios artesanais aos rapaces para que poidan coñecelos e valoralos en maior medida. A presentación tivo lugar no CEIP Nº2 de Tui.

 

Dende a súa primeira edición en 2011, “Enredando, artesanía na escola” tivo moi boa acollida por parte dos case 4.000 alumnos e alumnas de educación infantil, primaria e secundaria de 15 vilas e cidades galegas. Os participantes nesta nova edición terán a oportunidade de coñecer de preto o sector da artesanía, e participar no proceso de elaboración artesanal do papel ata a encadernación dun pequeno libro, e os máis pequenos poderán coñecer o procedemento da obtención da seda dende o coidado dos vermes ata a extracción e enfiado da seda dos casulos.

 

A finalidade deste novo módulo do papel é que cada un dos participantes elaboren artesanalmente 25 follas empregando os materiais e a mestura de fibras de bambú e de eucalipto seguindo as indicacións que, con anterioridade, un artesán explicará aos alumnos e os docentes nun exercicio práctico en cada un dos centros educativos. Con posterioridade os alumnos e docentes realizarán unha práctica de encadernación dun libro coas follas elaboradas na primeira fase seguindo a técnica de catro buratos, supervisada polo artesán.

 

Con esta iniciativa, a Consellería de Economía e Industria persegue concienciar á sociedade do valor do produto feito á man, comezando polos máis novos, así como presentarlle aos rapaces que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral. Deste xeito, contribúese a favorecer relevo xeracional nos oficios máis tradicionais e promóvese o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores, trasladando aos cativos o valor engadido da artesanía no que se refire a súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625