Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello promoverá a creación de hortas urbanas na Lagarteira
Data: 07-01-2013- 11:58 h.
536 veces
NOVA

 

O CONCELLO DE TUI PROMOVERA A CREACIÓN DE HORTAS URBANAS NA LAGARTEIRA

 

O Concello estuda a demanda coa apertura dun  rexistro para veciños que queiran traballar en cesión gratuíta e para consumo propio unha parcela.

 

O Concello de Tui impulsará a creación dun proxecto de hortas urbanas na cidade. Segundo avanzou o seu Alcalde, Moisés Rodríguez Pérez, a iniciativa parte da decisión do goberno local de promover  alternativas, dentro das súas posibilidades, para mellorar a calidade de vida. “As hortas urbanas implantáronse xa con éxito en moitas cidades de todo o mundo, algunhas próximas como Caminha, Vigo, Santiago ou Marín; consideramos que o posible investimento municipal é positivo para a cidadanía”, defendeu o rexedor.

 

Moisés Rodríguez Pérez levará ao Pleno a proposta da Alcaldía para habilitar unha décima parte da finca da Lagarteira que, cunha superficie completa de 14.870 metros cadrados adquiriuse hai xusto un ano por 625.000, para o seu uso como hortas urbanas en réxime de cesión temporal gratuíta. O Concello, indica, “para nada renuncia ao proxecto planeado para ese espazo, como a creación do novo colexio de Pazos de Reis pero, é evidente que a envergadura de plans dese calado económico non serás inminente”. 

 

Aínda así, explicou, o espazo que se pretende habilitar para o uso veciñal e temporal non suporá ningunha afección negativa ao espazo senón que se pretende reutilizar unha pequena parte de forma sustentable. Neste sentido, o alcalde, avanzou que se planean habilitar unhas 20 parcelas, nunha primeira fase, que terán uns 60 metros cadrados de superficie.

 

O goberno local traballa no documento de bases de cesión nas que se poderán ofertar as parcelas para elaborar un proxecto social que involucre á cidadanía, estando abertos ás suxestións de particulares e portavoces doutros grupos municipais.O Concello prevé abrir antes de que acabe este mesmo mes un prazo para que todos os veciños que o desexen, soliciten unha parcela que, loxicamente, só poderase destinar para autoconsumo. “Queremos coñecer, sinala o Alcalde, primeiro a disposición real dos tudenses para avanzar o proxecto aínda que, polas experiencias que coñecemos doutras localidades, o número de peticionarios adoita sempre superar a oferta, polo que, aínda que o plan nace cunha previsión de inicial dunha vintena de hortas, a demanda marcará o horizonte”.

 

 Moisés Rodríguez, indicou ademais que no proxecto implicaranse ademais da concellaría de Medio Ambiente, as de Educación e Servizos Sociais, dado o carácter pedagóxico, didáctico e de educación saudable implícito tanto para os colexios, que tamén serían potenciais beneficiarios, como para as persoas de idade avanzada.

 

O Concello asumiría a preparación dos terreos así como a división en parcelas e facilitaría a subministración de auga para o regadío. O rexedor avanzou tamén a posibilidade, en función da demanda social, de poder apoiar ao grupo de traballo que se cre para programas de formación sobre os cultivos de tempada.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625