Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Alcalde defende a continuidade do Parador de Turismo "San Telmo"
Data: 07-12-2012- 08:31 h.
563 veces
NOVA

Unha defensa que dende o pasado verán ten expresado diante da Presidencia de Paradores

A importancia para o turismo da comarca e a defensa dos postos de traballos eixes deste compromiso

 

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, ven de reclamar, nunha nova oportunidade, diante da Dirección de Paradores de España a continuidade do seu establecemento radicado en Tui, tanto pola defensa dos postos de traballo alí existentes, como pola importancia que este establecemento posúe para a oferta turística da nosa cidade e a súa contorna. Neste sentido se ten expresado nunha nova carta enviada á Presidenta e Conselleira Delegada de “Paradores de España” S. A., Ángeles Alarcó, no día de onte.

 

Esta carta do alcalde tudense é a última xestión realizada, ata agora, en relación ao Parador tudense. Unha actividade que comezou no pasado mes de agosto onde, tras o despido do director do establecemento, o Alcalde se interesou xa diante da dirección de Paradores pola continuidade deste establecemento e da súa oferta. Posteriormente, a principios de setembro, mantivo en Tui unha entrevista coa Conselleira Delegada onde insistiu nesta vontade municipal remarcando o carácter emblemático deste establecemento para a cidade de Tui. Ángeles Alarcó quedou de informarlle das medidas que estaban estudando para a reestructuración desta cadea. Información enviada nunha carta de data 26 de novembro e recibida no Concello de Tui o pasado luns, 3 de decembro, onde informa do inicio dun proceso de reestructuración a negociar coa axentes sociais da empresa, pero sen detallar outra información. Como resposta a esta última misiva e ás informacións que recollen os medios de comunicación está a carta enviada onte polo Alcalde tudense.

 

Neste tempo tamén o rexedor tudense mantivo unha xuntanza co persoal do Parador tudense amosándolle o seu apoio na continuidade dos seus postos de traballo que garanten a permanencia deste establecemento e o rexedor tudense voltará reunirse con este colectivo para axudar, na medida que sexa posible, na permanencia destes empregos.

 

Esta Alcaldía leva meses preocupándose pola continuidade deste establecemento turístico e liderando a defensa tanto dos traballadores como do propio Parador.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625