Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Os Encontros dos Axóuxeres chegan a Tui o 1 de Decembro
Data: 26-11-2012- 10:47 h.
736 veces
NOVA

Encontros para nenos de 0 a 3 anos e os seus pais

Xa está aberta a inscrición para participar

 

O vindeiro sábado 1 de decembro o edificio Área Panorámica de Tui acollerá un “Encontros dos Axóuxeres” espectáculos de música, xogos e palabras pensados para os bebés e os nenos ata os 3 anos de idade e as súas familias. Os membros máis novos da familia dos Axóuxeres, Xan, Iria e Pelouro, xunto co seu amigo marciano R01, cantarán e xogarán ao longo de case unha hora de espectáculo cheo de diversión para toda a familia.

 

Este ano, Os Axóuxeres veñen da man de novos personaxes, son sesións participativas con novas cancións, novos xogos… unha divertida familia de monecos que vive encol dunha mesa no dormitorio dun neno… para que os máis pequenos da casa gocen coa lingua galega.

 

Os Axóuxeres é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere axudar os pais e nais a manter a cadea de transmisión da lingua galega, ofrecéndolles espazos de lecer para a familia na nosa lingua e ferramentas para aprender, cantar e xogar en galego cos fillos.

 

A entrada para os Encontros teatrais é de balde ata completar aforo, pero cómpre reservala previamente no teléfono 637 179 304, en horario de 9.00 a 16.00 h, dende unha semana antes de cada Encontro.

 

Para a concelleira de educación e cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, esta nova actividade forma parte da programación da Rede de Dinamizacion Lingüística de Galicia da que forma parte o Concello de Tui co obxectivo de promocionar o uso da lingua galega en todos os sectores sociais e de idade da nosa sociedade.

 

Ademais, o programa acada nesta edición dimensión audiovisual, grazas á colaboración da Compañía Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) coa Xunta de Galicia. Así, dende o pasado 22 de outubro, os nenos e as nenas galegas poden gozar dos Axóuxeres nas súas casas grazas ao espazo televisivo do mesmo nome que se emite na TVG2 de luns a venres, no marco da programación infantil da televisión pública galega e do programa infantil Xabarín Club.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625