Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O CEDIM organiza un curso de formación en igualdade
Data: 20-11-2012- 17:54 h.
590 veces
NOVA

O CEDIM ORGANIZA UN CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE

 

Os vindeiros días 21 e 26 de novembro vaise impartir no edificio Área Panorámica un curso de formación en igualdade, no marco do Proxecto CEDIM no que participa a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e no que colabora o Concello de Tui.

 

A iniciativa está dirixida ao persoal técnico dos centros CEDIM como ao persoal do Concello e doutras institucións, co obxectivo de implicar ás diferentes áreas municipais na incorporación da perspectiva de xénero, tanto nas dinámicas de traballo internas como na organización de actividades de prestación de servizos á cidadanía e así promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) é un proxecto europeo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal e dotar á zona da raia de mellores recursos en materia de igualdade, para aproveitar sinerxías que poidan mellorar a situación da poboación feminina, especialmente no eido da formación e do emprego.

 

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625