Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A aula CeMIT de Tui acolle un novo curso: “community manager” do 24 ao 27 de Setembro
Data: 17-09-2012- 11:59 h.
639 veces
NOVA

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle do 24 ao 27 de setembro un novo curso de formación dirixido a todas as persoas interesadas nos novos ámbito profesionais arredor das novas tecnoloxías e as redes sociais neste caso sobre “Community Manager”.

 

Curso: Community Manager - básico

Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 20
Número de horas: 15
Datas: 24 - 27 de setembro de 2012
Horario: 16,00 a 20,00 h.


Descrición :  Unha vez finalizado este mircorcurso de 15 horas, os asistentes poderán recoñecer os aspectos identitarios do novo contexto comunicativo 2.0., comprender o papel do novo perfil profesional do Community Manager xurdido no ámbito da comunicación 2.0 e adquirirán os coñecementos básicos sobre a variedade de ferramentas de traballo que lle son útiles ao Community Manager no día a día. O micorcurso está orientado fundamentalmente a aquelas persoas usuarias das redes sociais ou que queiran facer desta afección unha profesión de futuro, abrindo así vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferramenta para o emprego de xeito profesional.

 

Inscrición: O curso é gratuíto. Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.

 

Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materia que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula funciona como “Aula Aberta” en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de acceso ás tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625