Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Asinado un convenio de colaboración entre o Concello e ACITUI
Data: 28-08-2012- 08:15 h.
736 veces
NOVA

O Concello financia con 5.000 euros á dinamización do comercio local

 

O venres pasado tivo lugar na Casa do Concello de Tui a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI,  polo que o concello financiará as distintas actividades que este colectivo levará adiante ata finais de ano para dinamizar o comercio local.

 

O convenio foi asinado polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e polo presidente de ACITUI, Jorge Alvarez Bautista, estando tamén presentes os concelleiros do goberno municipal Vanesa Rodríguez, Nicolás Lorenzo, Ángel Gutiérrez e José Ángel Villaverde.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicou que este é “un pequeno gran paso” lembrando que o concello leva xa anos colaborando coa Asociación de Comerciantes. Agora debido a que as subvencións que ACITUI recibía doutras administracións non son suficientes para manter o programa de actividade o Concello tamén economicamente cunha achega de 5 mil euros mantendo a colaboración e axuda nos medios materiais precisos para o desenvolvemento destas actividades Salientou o rexedor tudense que as actividades que se van realizar serán un elemento dinamizador do comercio local, engadindo que “Tui ten que seguir sendo cabeira comercial”. 

 

Avanzou tamén  outras liñas de traballo que dende o Concello teñen en marcha para apoiar aos establecementos comerciais como o control do aparcamento na zona azul para permitir a rotación de vehículos, ou o prego de condicións para facer un aparcamento na traseira da Área Panorámica ou o estudo de bonificacións nas taxas municipais para o pequeno comercio.

 

Pola súa banda o presidente de ACITUI, Jorge Álvarez, manifestaba que en momentos como os actuais é “fundamental a creatividade e a cooperación”. Engadía que é fundamental reducir os custes de explotación dos comercios coa reducción por exemplo da taxa pola recollida do lixo, e tamén apuntaba a importancia de contar con infraestruturas como un aparcamento público.

 

Entre as actividades que vai realizar ACITUI ao abeiro do convenio asinado hoxe co Concello está a programación de Vida nas rúas que esta fin de semana contempla o IX Encontro Internacional de Teatro e Artes de Rúa Cidade de Tui, a Feira de Oportunidades do Verán e a Ruta do Europincho.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625