Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Parque do Penedo é decorado con novos graffittis
Data: 23-08-2012- 13:14 h.
954 veces
NOVA

Nunha iniciativa que contou co apoio do Concello de Tui

 

Na pasada fin de semana un grupo de “graffiteros” tudenses procedeu á elaboración de varios destes murais no Parque do Penedo nunha actuación apoiada polo Concello de Tui. Con esta intervención os muros deste parque  adquiren un aspecto mais acorde coa función de esparcemento propia deste enclave tudense.

 

O graffiti é unha expresión artística contemporánea, caracterizada en xeral polo seu caracter abstracto e creativo, as veces incluso espontáneo e expresión sobre todo de certos sectores xuvenís. Con esta decoración se enriquece esta paisaxe urbana do Parque do Penedo.

 

Esta colaboración municipal xorde a iniciativa dun grupo de mozos tudenses que propoñen a confección destes novos graffiti xunto á celebración dun pequeno concerto de grupos locais de rap, que tivo lugar o pasado sábado. O interese da proposta motivou o apoio do Concello de Tui que ofreceu unha achega económica para os gastos derivados desta intervención.

 

O goberno municipal tudense testemuña con esta nova actuación o seu interese en colaborar con cantas iniciativas xurdan do tecido asociativo do noso concello ou mesmo iniciativas de caracter informal como a presente pero que signifiquen unha mellora ou enriquecemento da vida da nosa localidade.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625