Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Comezaron o seu traballo o Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR)
Data: 20-08-2012- 13:21 h.
768 veces
NOVA

Con este grupo son 23 os postos de traballo promovidos polos Concello neste mes de agosto

 

En días pasados e tras finalizar o correspondente procedemento de selección comezaron o seu traballo os 12 membros do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) do Concello de Tui, que foron recibidos no seu primeiro día polo Alcalde acompañado de diversos membros do equipo de goberno.

 

Esta agrupación é posible en virtude do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Tui e a Consellería de Traballo e Benestar mediante o que esta Conselleria achega unha axuda económica de máis de 120.000 euros equivalente aos custos salariais dos traballadores contratados.

 

A estes traballadores do Grumir compre engadir os once traballadores contratados polo Concello ao abeiro do Plan de Emprego local e no que este Concello inviste un total de 105.000 euros de fondos propios cos que facilita durante seis meses a incorporación de once persoas ao mercado laboral. É a primeira vez que Concello de Tui promove un Plan de Emprego Municipal unha iniciativa que se enmarca dentro da prioridade de promoción do emprego fixada polo goberno municipal que preside Moisés Rodríguez.

 

Destaca amais Moisés Rodríguez que en conxunto neste mes de agosto se promoveron 23 novos postos de traballo polo Concello de Tui, contribuíndo así a redución no número de desempregados do municipio. Por outra banda, o rexedor tudense agradece a achega da Consellería que redundará na realización de obras e na prestación de servizos de interese xeral.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625