Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Cultura e ACITUI animan aos establecementos de hostalería e restauración á sumarse á Ruta do Europincho
Data: 02-08-2012- 08:13 h.
795 veces
NOVA

Os interesados poden inscribirse ata este venres nas oficinas da Asociación de Comerciantes

 

A Concellería de Cultura do Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convidan aos establecementos de hostalería e restauración da cidade a participar na ruta do Europincho que se vai celebrar o venres 10 e o sábado 11 de agosto.

 

A ruta faise coincidir coa celebración da II Festa do Miño que se celebrará en Tui cun amplo programa no que se inclúe o Descenso Internacional do Miño e e o Descenso Popular, así como a II Festa Gastronómica. Precisamente o obxectivo do Europincho é complementar este evento gastronómico ao través da oferta que presenten nos seus locais os distintos establecementos tudenses.

 

Os interesados deben inscribirse ata este venres, 3 de agosto, nas oficinas de ACITUI, no Paseo da Corredoira, ou no teléfono 986 60 75 56, preferiblemente en horario de 10 a 14h.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625