Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Convocatoria e Bases da selección para unha lista de reserva de Arquitecto da escala de Admon. Especial, grupo A1
Data: 17-07-2012- 09:51 h.
931 veces
NOVA

Pendente publicación no B.O.P.

 

DECRETO DE ALCALDÍA.- En uso das competencias que en materia de persoal, me veñen atribuídas pola normativa vixente, RESOLVO:

 

Aprobar as seguintes BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA DE ARQUITECTO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, ENCADRADA NO GRUPO A1, PARA O CONCELLO DE TUI

 

PRIMEIRO.- Obxecto da convocatoria: Será a formación dunha lista de reserva coa categoría de arquitecto da escala de administración especial, integrada no grupo A-1.

 

SEGUNDO.- Natureza das relacións coa administración municipal: O persoal da lista poderá ser nomeado funcionario interino para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira nos supostos de que existan prazas vacantes e  non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira, sexa necesaria a substitución transitoria dos titulares, para a execución de programas de carácter temporal ou cando o exceso ou acumulación de tarefas así o esixan.

 

Dito persoal cesará cando a praza sexa cuberta en propiedade ou cando desaparezan as circunstancias do seu nomeamento.

 

TERCEIRO- Retribucións: As retribucións básicas serán as correspondentes aos funcionarios do grupo A-1, e as complementarias que teña asignado o posto de traballo que se lle adscriba na Relación de postos de traballo, ou no seu defecto segundo a consignación prevista no orzamento municipal en vigor.

 

CUARTO.- Requisitos xerais que deben acreditar os aspirantes a ser incluídos na lista de reserva: Os aspirantes a ser incluídos na respectiva lista de reserva, deberán reunir, na data do remate do prazo para a presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

 

a)       Posuir nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do empregado público.

b)       Ter cumpridos 16 años de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.

c)       Estar en posesión do título de arquitecto.

d)       Posuir capacidade funcional para o desempeño do posto de traballo.

e)       Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades autónomas, nin encontrarse inhabilitado por resolución xudicial para o exercicio de funcións públicas.

f)        Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislación vixente.

g)       Ter ingresado na conta da Tesourería do Concello de Tui, antes de rematar o prazo de presentación de instancias, o importe en concepto de dereitos de exame segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente.

 

Os requisitos establecidos na norma anterior deberán cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes. Será nulo o nomeamento como funcionario interino dos que estén incursos en causas de incapacidade específica conforme coa normativa vixente.

 

QUINTO.- Solicitudes: As solicitudes para a participación no presente proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Tui ou en calquera das formas prevista no artigo 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común, no prazo de DEZ DÍAS NATURAIS dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no B.O.P. de Pontevedra.

 

En todo caso a presentación de instancias fora do rexistro xeral do Concello precisará notificación vía FAX (986604148) o mesmo día da súa presentación.

 

Xunto á instancia achegárase:

 

-    Fotocopia do DNI.

-    Copia cotexada do título esixido nesta convocatoria ou do xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

-    Copia cotexada do certificado oficial acreditativo do nivel Celga 4 de coñecemento da lingua galega, aos efectos de quedar exento da realización da proba de galego.   

-    Xustificantes dos méritos alegados. A experiencia profesional acreditarase mediante aportación da vida laboral e copia dos contratos de traballo ou certificado da administración publica correspondente. Coa solicitude, deberá aportarse a documentación acreditativa dos méritos alegados polos aspirantes, debidamente compulsados. Os méritos non xustificados documentalmente, insuficientemente xustificados ou que non garden congruencia cos valorables segundo as presentes bases, non serán obxecto de valoración.

 

SEXTO.- Admisión de participantes: Rematado o prazo de presentación de instancias o Sr. Alcalde ditará Resolución aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, expresando as causas de exclusión. Esta Resolución publicarase no Taboleiro de anuncios do Concello.

 

A resolución establecerá, a efectos de subsanación de defectos ou omisións, ou mesmo de reclamacións, un prazo de 5 días contados a partir do seguinte á publicación sinalada.

 

Posteriormente, tamén mediante Resolución da Alcaldía, aprobarase a lista definitiva de aspirantes, a designación do Tribunal cualificador, e convocarase ós aspirantes admitidos mediante a publicación da citada resolución no Taboleiro de anuncios do Concello.

 

SÉPTIMO.- Composición do tribunal.- Determinarase de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril.

 

Poderanse designar asesores, con voz pero sen voto para asistir ao Tribunal no desenvolvemento do proceso de selección.

 

O Tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas e adoptar as decisión que estime axeitadas en orde o  desenvolvemento do proceso.

 

OITAVO.- Proceso de selección

 

8.1.- FASE DE CONCURSO

 

A fase previa de concurso non terá carácter eliminatorio e a puntuación obtida nela non poderá aplicarse para superar os exercicios da fase de oposición. A esta fase corresponderalle como máximo o 20% da puntuación total máxima posible do concurso-oposición, correspondendolle o 80% restante á fase de oposición.

 

Valorarase unicamente, a experiencia profesional dos aspirantes segundo os seguintes criterios:

 

 EXPERIENCIA PROFESIONAL.-. A experiencia laboral puntuarase dacordo co seguinte baremo:

 

 -Polo tempo se servizos prestados como funcionario ou persoal laboral en postos de cometido igual ou similar ó convocado, de grupo A1: 0,1 punto por mes ata un máximo de 1,00 punto. 

 

8.2.- FASE DE OPOSICIÓN.

 

A) Proba teórica.- Consistirá en contestar por escrito a dous temas, elexidos ao chou, plantexados polo Tribunal antes do inicio do exercicio, relacionado coas materias incluídas no temario anexo, nun tempo máximo de catro horas. A puntuación máxima será de 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

 

B) Proba práctica.- Este exercicio consistirá no desenvolvemento dun suposto práctico, determinado polo Tribunal inmediatamente antes do inicio deste exercicio, en relación coas materias específicas ( Bloques 1, 2 e 3) contidas no temario anexo; os aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas; os aspirantes poderán consultar textos legais e coleccións lexislativas. Os aspirantes deberán expoñer e xustificar este exercicio ante o tribunal en sesión pública. A puntuación máxima será de 10 puntos, sendo eliminados todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima de 5 puntos.

 

C) Proba de coñecemento de galego.- Este exercicio consistirá nunha proba de coñecemento de lingua galega que consistirá na traducción dun texto de castelán a galego, determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo e que puntuaráse de 0 a 3, sendo este exercicio de carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

Estarán exentos da realización deste exercicio os aspirantes que acrediten posuir o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, aos que se lles asignarán os 3 puntos.

 

Entre as distintas probas transcorrirá como mínimo un período de 48 horas.

 

NOVENO.- Desenvolvemento dos exercicios: A data, lugar e hora de celebración da primeira proba que conforma a fase de oposición serán publicadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do Concello.

 

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluídos das probas os que non comparezan. Deberán acreditar suficientemente a súa identidade mediante a exhibición do D.N.I., permiso de conducir, pasaporte ou documento equivalente en caso de estranxeiros, exhibición que poderá serlle requerida por calquera membro do tribunal no curso do desenvolvemento dos exercicios.

 

Concluído cada un dos exercicios da oposición correspondente, o tribunal fará pública, no taboleiro de anuncios do concello, a relación de aspirantes que o superaron con indicación da puntuación obtida. Os aspirantes non incluídos na lista terán a consideración de non aptos.

 

DÉCIMO.- Publicación dos listados e vixencia: A lista de reserva así confeccionada por orde maior a menor puntuación, será sometida a aprobación do Alcalde da Corporación. A resolución de Alcaldía e as listas de reserva serán expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Tui, para coñecemento dos interesados e demais efectos legais.

 

A lista de espera elaborada segundo o establecido neste artigo terá unha duración de 2 ANOS  ou de menos no caso de que houbese un novo proceso selectivo para estas prazas, momento a partir do cal esta lista deixaría de ter vixencia.

 

ONCE.- Funcionamento da lista de reserva :Cando sexa necesario proceder ós correspondentes chamamentos ofertarase ó primeiro da lista que estea pendente de chamar, comunicándoselle por escrito ós aspirantes e dándolle un prazo de 48 horas para que acepten ou renuncien ó posto ofertado, e así mesmo tentarase comunicar por teléfono coa finalidade de acurtar prazos.Cando se produza o cesamento dun integrante da lista, este reincorporarase ó posta da lista que lle corresponda por puntuación.

 

DOCE.- Recursos procedentes: As bases de convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas e das actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas nos casos e nas formas establecidos pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común, así como segundo a lexislación reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.

 

O Tribunal cualificador queda facultada para a resolución de cantas incidencias e cuestións se susciten no desenvolvemento do proceso selectivo.

 

TRECE.- Publicación no taboleiro: Ós efectos de notificacións e publicacións relacionados co procedemento de selección regulado nas presentes bases reguladoras, procederase mediante a publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello de Tui.

 

   

ANEXO I: TEMARIO

 

TEMAS PARTE XERAL

 

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 2. A organización territorial do Estado na Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. O Tribunal Constituciónal.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu Presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A administración do Estado no ordenamento español: estrutura e funcións. A administración

Pública da comunidade autónoma. A administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 6. A administración pública na Constitución e a regulación da administración na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. Principios de actuación da administración pública.

Tema 7. A Unión Europea. Institucións. As fontes do Dereito comunitario europeo. Relacións entre o Dereito comunitario e o ordenamento xurídico dos Estados membros.

Tema 8. A administración Local. O municipio. Elementos. O termo municipal. A poboación.

Tema 9. Organización municipal. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Competencias municipais.

Tema 10. A potestade regulamentaria das entidades locais. Ordenanzas e regulamentos.

Tema 11. O acto administrativo. Elementos. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.

Tema 12. O procedemento administrativo. Principios xerais. Fases do procedemento. Recursos administrativos.

Tema 13. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións Públicas. Dereito de acceso a arquivos e rexistros públicos. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 14. A Lei 7/07, de 12/04, do Estatuto básico do empregado público. Clases de persoal ao servizo das Administracións Públicas. Dereitos e deberes. O Código de conducta dos empregados públicos.

Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime de incompatibilidades. Faltas e sancións.

Tema 15. A lei de Patrimonio das Administracións públicas e o regulamento de bens. Os bens das Entidades locais: clases e réxime xurídico. Utilización e aproveitamento dos diferentes clases de bens municipais.

Tema 16. O texto refundido da lei de Contratos del Sector Público. Ámbito de aplicación obxectivo e subxectivo. Procedimentos e formas de contratación. Clases de contratos. Especial referencia ao contrato de obras.

Tema 17. O regulamento de servizos das entidades locais. Formas de actuación administrativa: Fomento, policía e servizo público.

Tema 18. A responsabilidade patrimonial das Administracións públicas.

Tema 19. A lei de protección de datos.

Tema 20. A administración electrónica.

Tema 21. O Texto Refundido de Facendas Locais. Especial consideración aos recursos das Entidades.

 

 

TEMAS ESPECÍFICOS

 

Tema 1. A Lei 38/1999, de ordenación da edificación: disposicións xerais; esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes da edificación. Responsabilidades e garantías.

Tema 2.Normativa sobre condicións mínimas de habitabilidade das vivendas.Condicións de habitabilidade.Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

Tema 3. Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras: no Estado e na Comunidade Autónoma de Galicia. Condicións de seguridade de uso e accesibilidade nos edificios. Real decreto 173/2010, do 19 defebreiro, que modifica o CTE, aprobado por R.d. 314/2006, do 17 de marzo, en materia de accesibilidade (DBSUA). Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da lei.

Tema 4. Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras: no Estado na Comunidade Autónoma de Galicia e no Concello. Condicións de accesibilidade nos espazos públicos urbanizados. Lei 51/2003 de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. ORDE VIV/561/2010 de 1 de febreiro pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados. Relación coa normativa galega nesta materia.

Tema 5. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.

Tema 6. Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente. Informe de sostibilidade ambiental. Contido do ISA. Relación co planeamento.

Tema 7. Normativa sobre protección ambiental en Galicia. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. RDLex 1/2008 de 11 de xaneiro polo que se aproba o texto refundido la Lei de Avaliación do Impacto Ambiental. Avaliación ambiental dos proxectos. Estudo de Impacto Ambiental. Decreto 442/1990 da avaliación do impacto de Galicia.

Tema 8. Licenzas de actividade. Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental: protección, licenzas de actividade e disciplina.

Tema 9. Lei 8/2009, de 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Decreto 242/2007, de 13 de decembro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Tema 10. Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade: plans de ordenación dos recursos naturais; protección de espazos; espazos protexidos Rede Natura 2000. Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia. Relación co planeamento.

Tema 11. Protección contra incendios nos edificios. R. d. 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o código técnico da edificación: DB-SI (seguridade en caso de incendio). R. d. 2267/04, do 3 de decembro, Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

Tema 12. Condicións acústicas nos edificios. Real decreto 1675/2008, do 17 de outubro, polo que se modifica o Real decreto 1371/07, polo que se aproba o Documento básico DB-HR (Protección fronte ó ruído) do Código técnico da edificación. Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica. Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de protección contra a contaminación acústica.

Tema 13. Condicións de hixiene, saúde e protección do medio ambiente nos edificios. DB-HS

(Salubridade) e DBHE (aforro de enerxía) do Código técnico da edificación. Certificación de eficiencia enerxética.

Tema 14. Seguridade estrutural nos edificios. DB-SE de Código técnico da edificación.

Tema 15. Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia: proceso de edificación. A vivenda protexida. Incidencia no planeamento municipal.

Tema 16. Lesións e danos nos edificios. Análise e diagnóstico. As medidas de impulso á rehabilitación, a obrigatoriedade da inspección técnica de edificios. As ordes de execución.

Tema 17. O Código técnico da edificación, obxecto, ámbito de aplicación, estrutura e contidos.

Tema 18.Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto 1098/2001, do 12 outubro: disposicións xerais; contratos do sector público.

Tema 19.Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto1098/2001, do 12 outubro: contrato de obras. Normas xerais.

Tema 20.Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Real decreto1098/2001, do 12 outubro: modificación dos contratos. Execución do contrato de obras e extinción dos contratos de obras.

Tema 21. Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto1098/2001, do 12 outubro: pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Tema 22. Lei de contratos do sector público. Real decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto1098/2001, do 12 outubro: proxecto de obras e trazado de planta. Anteproxectos, proxectos e expedientes de contratación. Disposicións sobre revisión de prezos.

Tema 23. Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto1098/2001, do 12 outubro: normas especiais para contratos de obras.

Tema 24. Lei de contratos do sector público. Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro. Real decreto1098/2001, do 12 outubro: adxudicación dos contratos.

Tema 25. Seguridade e saúde da aplicación ás obras de construción. R. d. 1627/97.

Tema 26. Residuos na construción e demolición. Real Decreto 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a producción e xestión dos residuos de construción e demolición.

Tema 27. A ordenación do territorio. Lei 10/1995, do 23 de novembro. Decreto 80/2000, do 23 de marzo. Plans e proxectos sectoriais. Directrices de ordenación do territorio. O Plan de Ordenación do

Litoral.

Tema 28. Valoracións: RDLex 2/2008 de 20 de xuño. Real decreto 1492/2011, do 24 de outubro: situacións básicas do solo. Ámbito de aplicación e criterios xerais para a realización de valoracións.Momento ao que se deben referir as valoracións.

Tema 29. RDLex 2/2008 de 20 de xuño e Real decreto 1492/2011, do 24 de outubro: valoración en situación de solo rural. Método de capitalización das rendas. Método de reposición. Indemnización da facultade de participar en actuacións de nova urbanización.

Tema 30. RDLex 2/2008 de 20 de xuño e Real decreto 1492/2011, do 24 de outubro: valoración en situación de solo urbanizado. Método residual estático. Indemnización de la iniciativa y la promoción de actuaciones de urbanización o de edificación.

Tema 31. RDLex 2/2008 de 20 de xuño e Real decreto 1492/2011, do 24 de outubro. Valoración do solo en réxime de distribución de beneficios e cargas. Relación co establecido na LOUGA respecto ao contido do proxecto de equidistribución.

Tema 32. RDLex 2/2008 de 20 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da lei de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes Constituciónais da cidadanía.

Tema 33. RDLex2/2008 de 20 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da lei de solo: bases do réxime do solo.

Tema 34. RDLex2/2008 de 20 de xuño polo que se aproba o Texto Refundido da lei de solo: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.

Tema 35. A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. Modificacións mais relevantes.

Tema 36. Réxime xurídico do solo urbano.

Tema 37. Réxime xurídico do solo urbanizable.

Tema 38. Réxime xurídico do solo rústico.

Tema 39. Réxime xurídico do solo de núcleo rural.

Tema 40. Procedemento de elaboración e aprobación do planeamento urbanístico. Revisión e modificación. A vixencia e reforma dos plans urbanísticos. Suspensión do planeamento. Ordenación urbanística común a varios concellos.

Tema 41. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade.

Tema 42. As normas subsidiarias e complementarias de planeamento. As NNSSCC de planeamento da provincia de Pontevedra de 1991. As normas de aplicación directa. O réxime do solo en municipios sen planeamento.

Tema 43. O Plan xeral de ordenación municipal: obxecto, determinacións e documentación.

Tema 44. O planeamento de desenvolvemento.

Tema 45. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación.

Tema 46. Execución dos plans de ordenación. Os proxectos de urbanización: concepto, obxecto e fins; determinación e límites.

Tema 47. Distribución de cargas e beneficios. Áreas de reparto. O aproveitamento tipo. A equidistribución. Polígonos de execución e outros instrumentos da xestión urbanística.

Tema 48. Os sistemas de actuación. Sistemas directos e sistemas indirectos.

Tema 49. A obtención de terreos de sistemas xerais e de dotacións públicas. Instrumentos de

execución dos plans en solo de núcleo rural.

Tema 50. Os instrumentos de intervención no mercado do solo. Patrimonios públicos de solo,

finalidade e destino, regulación estatal e autonómica.

Tema 51. A Ley de expropiación forzosa e o regulamento de desenvolvemento.

Tema 52. Os convenios urbanísticos.

Tema 53. Intervención na edificación e uso do solo e disciplina urbanística. O fomento da edificación.

Tema 54. Intervención na edificación e uso do solo. As licenzas urbanísticas. Contido mínimo da licenza. Procedemento de outorgamento e competencia. O réxime do silencio administrativo no outorgamento de licenzas. Prelación de licenzas e outros títulos administrativos. Caducidade das licenzas. Actos promovidos polas administracións públicas.

Tema 55. Autorización previa para a reconstrucción e rehabilitación de edificacións existentes de carácter tradicional ou de singular valor arquitectónico. Documentación mínima a presentar. A Circular autonómica informativa 2/2003, do 31 de xullo, sobre o réxime de autorizacións en solo rústico.

Tema 56. O deber de conservación e a declaración de ruína. O procedemento de orde de execución. Ordes de ejecución en solo rústico e de núcleo rural. O procedemento de declaración de ruina.

Tema 57. Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

Tema 58. As parcelacións urbanísticas.

Tema 59.Disciplina urbanística. O Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia. A Inspección urbanística.

Tema 60. A protección da legalidade urbanística: obras sen licenza en curso de execución, obras rematadas sen licenza e outros actos sen licenza. Suspensión e revisión das licenzas. Protección da legalidade en zonas verdes, espazos libres, dotacións e equipamentos públicos. Distribución de competencias entre a administración local e autonómica na protección da legalidade urbanística.

Tema 61. As declaracións de fora de ordenación de edificacións.

Tema 62. O réxime sancionador en materia urbanística. Infraccións e sancións. Persoas responsables. Órganos competentes.

Tema 63. Órganos urbanísticos na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos urbanísticos no ámbito local. O Xurado de Expropiación de Galicia.

Tema 64. Lexislación sectorial en materia de Montes.

Tema 65. Lexislación sectorial en materia de Augas.

Tema 66. Lexislación sectorial en materia de minas. A DT 12ª da Lei 9/2002, de 30 de decembro.

Tema 67. Lexislación sectorial en materia de estradas. Lexislación estatal: lei 25/1988 de 29 de xulio de carreteras. Lexislación galega: Lei 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia. Relación co planeamento.

Tema 68. Lei 16/1985, de 25 de junio, del Patrimonio Histórico Español. Declaración de Bens de Interese Cultural. Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

Tema 69. Lei 37/2003 de 17 de novembro do Ruído. Real Decreto 1367/2007 de 19 de outubro polo que se desenvolve a lei do ruído no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

 

Mándoo e asínoo en Tui a dous de Xullo de  dous mil doce.


       O Alcalde-Presidente                                      A Secretaria acctal ,

      Moisés Rodríguez Pérez                                Ceferina Saá Rodriguez 


  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625