Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Alcalde recibe ao bispo de Porto e membros da curia de visita en Tui
Data: 04-07-2012- 08:46 h.
547 veces
NOVA

O ALCALDE DE TUI RECIBE O BISPO DE PORTO E MEMBROS DA CURIA DIOCESANA DE VISITA EN TUI

 

Na tarde de onte luns, 2 de xullo, o Alcalde de Tui ofreceu un acto de benvida á nosa cidade ao Bispo de Porto, D. Manuel Clemente, que acompañado polos seus bispos auxiliares, D. Joao Evangelista Pimentel Lavrador e D. Pio Alves así como polos dous Vigarios Xerais da Diocese e todos os Vigarios de Vara (arciprestes) da diocese, conformado un grupo de máis de corenta persoas que celebran estes días unha xuntanza pastoral na bisbarra tudense. Estiveron acompañados polo bispo da diocese de Tui- Vigo, D. Luís Quinteiro Fiuza, e o Coengo da Catedral tudense, D. Ricardo García Fernández.

 

Moisés Rodríguez agradeceu a elección da nosa cidade para desenvolver estas actividades diocesana pois reafirma a condición de Tui como símbolo da relación entre Galicia e Portugal, e que como nestes tempos testemuña a creación da Eurocidade mantén esta vocación de ponte entre ambas ribeiras do río Miño. Lembrou tamén a condición xacobea de ambas cidades unidas polo camiño portugués de peregrinación a Santiago. E finalmente lembrou como na freguesía portuense de Massarelos existe unha fonda devoción a San Telmo, lembrando como hai algúns anos foron entregadas a aquela igrexa unhas reliquias de San Telmo para afondar nesta devoción.

 

 

O bispo de Porto, D. Manuel Clemente, na súa intervención agradeceu ao Alcalde de Tui a súas palabras e a súa acollida e cordialidade, recoñecendo a vocación tudense de incrementar os lazos que historicamente ligan a esta cidade con Portugal.

 

Previamente a esta recepción este grupo tiña efectuado unha visita á catedral tudense e ao conxunto histórico da cidade e de seguido ao acto no Concello celebraron unha Eucaristía na Catedral de Santa María de Tui.

 

 

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625