Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Delegado Territorial da Xunta e o Alcalde de Tui visitaron o viveiro forestal de Areas
Data: 22-06-2012- 11:27 h.
633 veces
NOVA

Neste lugar trabállase para aclimatar clons seleccionados de cerdeira grazas a un convenio coa Fundación Paideia

 

 

  • Comprobaron de preto o avance do crecemento destes 5.000 primeiros exemplares.
  • Percorreron a aula formativa que se atopa neste lugar e pola que xa pasaron durante o que vai de ano máis de 2.000 nenos de colexios de toda a provincia.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do Alcalde de Tui, Moises Rodríguez Pérez, visitou na mañá de onte xoves 21 de xuño o viveiro forestal de Areas en Tui, dependente da Consellería de Medio Rural e do Mar para coñecer a labor que se realiza no mesmo, así como para comprobar a labor que se está a desenvolver neste lugar grazas a un convenio coa Fundación Paideia.

 

Grazas a colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Fundación Paideia Galiza se está a traballar para o fomento e mellora do material forestal de reproducción. Unha das obrigacións deste convenio é incrementar a producción de cerdeira, Prunus Avium, polo método de micropropagación ou cultivo in vitro, a partir de clons seleccionados polo seu crecemento e resistencia a enfermidades.

 

Deste xeito, na actualidade, xa se atopan plantados en Areas 5.000 exemplares que aquí se aclimatarán para, posteriormente, nun prazo menor dun ano, pasar a ser transplantados a outros viveiros onde se crearán “campos de plantas nais”, de onde sairán os exemplares que se venderán para futuras explotacións dedicadas a producción de madeira, xa que se trata dunha materia prima de gran calidade e moi rendible para zonas frías.

 

Por outra banda, este viveiro tamén firmou outro convenio coa empresa Inditex S.A. en 2008, mediante o cal estase a producir plantas de alto valor xenético de especies arbóreas, especialmente caducifolia, co fin de crear masas forestais que garantan cantidades de semente de calidade. Tamén coma obxectivo incrementar a diversidade biolóxica e aumentar a fixación do carbono, afondando na loita contra o cambio climático nos bosques galegos.

 

 

Aula Forestal

 

Neste viveiro traballan na actualidade cinco operarios e un capataz. Conta coa única aula forestal que permanece aberta en Galicia xa que as que existían en outros viveiros destas características da comunidade autónoma tiveron que pechalas súas portas. No que vai de ano, pasaron pola mesma máis de 2.000 nenos procedentes de colexios de toda a provincia, que deste xeito coñecen o funcionamento dun viveiro forestal, a importancia do bosque como fonte de riqueza medioambiental, a necesidade da posta en marcha dunha xestión forestal sostible, o tratamento das sementes e o crecemento dos árbores, facéndose tamén labor de concienciación contra os incendios.

 

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a labor educativa desta aula que está aberta seis meses ao ano, dende abril a xuño e dende setembro a novembro, e mostrou o seu interese pola súa potenciación. “A formación dos nosos nenos é moi importante para que valoren a importancia dos montes e dos bosques e a necesidade do seu coidado e a súa supervivencia”, explicou. A aula permanece aberta dous días por semana e na actualidade, ten máis demanda de centros educativos da que pode absorber.

 

O viveiro de Areas naceu da labor do enxeñeiro de montes Rafael Areses, a quen en 1906 a Dirección Xeral de Agricultura, Minas e Montes encargou a creación deste área co obxectivo de abastecer de plantas a Festa da Árbore de Galicia que se celebrou en 1910 en Tui. Deste xeito converteuse no primeiro viveiro de Galicia. Na actualidade produce arredor de 9.000 plantas ao ano nunha superficie de 11,8 hectáreas que conta, ademais, con especies únicas como secuoias ou piñeiros americanos.  Para o Alcalde de Tui este Viveiro é un elemento de grande importancia para Tui polo seu caracter histórico e polo traballo de producción e divulgación que se realizan dende o mesmo.

 

Nesta visita o delegado da Xunta en Pontevedra e o Alcalde de Tui estiveron acompañados polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Gerardo Zugasti e o xefe do Servizo de Montes, Enrique Chamorro.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625