Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Curso sobre a viticultura de Galicia e do norte de Portugal na aula da UNED de Tui
Data: 16-05-2012- 12:15 h.
782 veces
NOVA

A Aula da UNED de Tui dentro dos cursos de extensión universitaria vai impartir do 29 de maio ao 1 de xuño un curso titulado “Pola emoción dos viños. Os viños de Suevia”. As clases terán lugar de 17.30h a 20h, cun total de dez horas lectivas. Os poñentes serán o enólogo Manuel Areal e o vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres, Antonio Portela.

 

O obxectivo principal deste curso é coñecer a identidade da viticultura de Galicia e do Norte de Portugal, distinguindo as peculiaridades de cada zona e apreciando os seus denominadores comúns. Tamén persegue tomar conciencia da súa riqueza e do gran potencial que atesouran. No curso combinarase a parte teórica coa práctica coa cata de viños brancos, tintos e xenerosos.

 

O prezo de curso é de 30 euros e pódese formalizar a matrícula na web www.extensionuned.es

 

A concelleira de Educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, valora positivamente esta nova oferta de formación da Aula da UNED tudense coas súas actividades de extensión universitaria ofrece un amplo e diversificado abano de cursos ao longo do ano académico que suscitan grande interese. Deste xeito a Aula da UNED de Tui consolídase como unha referencia pola súa oferta de educación, tanto regrada como non regrada.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625