Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Alcalde asina co Conselleiro de Medio Ambiente un convenio para o funcionamento da Oficina Municipal de Rehabilitación-portelo único de vivenda
Data: 25-04-2012- 09:12 h.
519 veces
NOVA

O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, asinou onte á mañá un convenio co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández de Rojas: este convenio abrangue a financiación da Oficina Municipal de Rehabilitación Integral – Portelo Único de Vivenda e os seu funcionamento; este servizo municipal está ubicado na Casa do Concello tudense onde atende aos veciños da nosa cidade e municipio.

 

Esta Oficina Municipal de Rehabilitación - Portelo Único de Vivenda presta os seguintes servizos aos cidadáns:

 

  • Asesoramento e información sobre as actuacións comprendidas no Plan de Vivenda 2009-2012 e outras axudas en materia de vivenda.
  • Tramitación de expedientes e seguimento técnico das obras do Plan de Vivenda e doutras actuacións das políticas de vivenda, debendo respectar a normativa reguladora de aplicación.
  • Realización das visitas técnicas necesarias nas actuacións de rehabilitación con axudas autonómicas ou estatais, así como as correspondentes ao Programa Aluga.

 

Estas actuacións son executadas pola oficinas de rehabilitación na totalidade do termo municipal e non so no ámbito das áreas de rehabilitación. O financiamento das oficinas con cargo a fondos da Xunta de Galicia pode chegar ao 60 por cento do presuposto, co límite de 80.000 euros anuais no caso de concellos de máis de 25.000 habitantes e 60.000 euros nos restantes concellos. Na actualidade Galicia dispón de 55 áreas de rehabilitación distribuídas nos 38 concellos.

 

No caso de Tui o financiamento da Xunta de Galicia acada os 49.869,88 euros namentres que a aportación municipal é de 29,921,93 euros.

 

Para o Alcalde de Tui con esta sinatura se continúa avanzando no labor de rehabilitación e conservación do conxunto histórico tudense pois con esta Oficina Municipal de Rehabilitación – Portelo Único de Vivenda o Concello ofrece asesoramento aos propietarios de vivendas do conxunto histórico para a tramitación das correspondentes axudas ao abeiro da Área de Rehabilitación Integral, cuxas actuacións serán obxecto dun convenio aparte.

 

Esta medida xunto coa aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui que na actualidade se atopa en exposición pública, así como as actuacións de limpeza e ornato desenvolvidas neste casco monumental acreditan o importante compromiso que o equipo de goberno de Tui mantén coa recuperación e revitalización da zona monumental da cidade.

 

Pero esta Oficina Municipal de Rehabilitación – Portelo Único de Vivenda, segundo suliña o rexedor tudense, ofrece tamén información e asesoramento sobre outras liñas de actuación en materia de vivenda. Algunhas destas liñas que promove a Xunta de Galicia son de inmediata publicación do Diario Oficial de Galicia como é o caso das axudas á rehabilitación ao abeiro do programa de vivenda Renove, ademais da nova orde para a concesión de axudas para facilitar o primeiro acceso á vivenda en propiedade, etc. Os interesados poden achegarse ata esta Oficina para recibir a información precisa e tramitar a documentación requirida.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625