Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello de Tui cede a súa quenda na Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo que se celebra anualmente en Lugo
Data: 18-04-2012- 12:16 h.
581 veces
NOVA

Será Lugo o delegado rexio para inaugurar a restauración da Capela Maior da Catedral

 

O deán do Cabildo da Santa Igrexa Catedral Basílica de Lugo ten enviado, en días pasados, unha carta ao alcalde tudense rogándolle que este Concello de Tui, a quen lle correspondía neste ano 2012 presentar a renovación da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, ceda a súa quenda na función de Delegado Rexio en favor do Concello de Lugo.

 

Esta petición esta baseada en que se pretende nesta ocasión a inauguración das importantes obras de restauración realizadas na Capela Maior da Catedral lucense dende o pasado ano 2010, reinstalando neste lugar a Exposición permanente do Santísimo Sacramento –tradición que non fora interrompida dende o ano 1860-. “É por tanto, un día especialmente importante para a Igrexa de Lugo e para este gran símbolo do Antigo Reino de Galicia. Por todo isto, nosa proposta –sinala o Deán lucense- sería variar a quenda da Ofrenda, de modo que este ano presidise Lugo, e Tui o fixera no vindeiro ano. Unha alteración semellante tivo lugar ao cumprírense os 300 anos da Ofrenda”.

 

O alcalde tudense, escoitado tamén o parecer dos outros grupos municipais, ten accedido á solicitude presentada polo Cabildo da Catedral lucense cedendo o cambio de quenda neste importante acto protocolario en atención as especiais circunstancias que concorren na súa solicitude.

 

A Renovación da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia Xesús Sacramentado é unha tradición que se conserva dende o ano 1669, participando dende aquela todos os anos os representantes das sete antigas capitais de Galicia e actuando na función de Delegado Rexio por rigorosa quenda os representantes de Lugo, Santiago, Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Ourense e Tui.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625