Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

240 nenos participan no I Torneo de Fútbol 7 Eurocidade Tui-Valença
Data: 21-03-2012- 08:44 h.
691 veces
NOVA

Celebrase o sábado 24 e o domingo 25 no complexo deportivo “Álvarez Durán” de Tui

 

O complexo deportivo “Álvarez Durán” en Tui acollen este sábado e domingo o I Torneo de Fútbol 7 Eurocidade organizado de xeito conxunto polo Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença.

 

Esta cita deportiva foi presentada esta mañá no Centro Interfederado polo vereador de Deportes de Valença, José Monte, o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, o presidente do TYDE F.C., Jesús López, e o coordinador do TYDE F.C. José Manuel Quintana.

 

No mesmo van participar 240 nenos do Valenciano, o Fontourense e Friestense de Valença, e do TYDE e Ribadelouro de Tui, do San Caetano da Guarda, do Goián de Tomiño e do Ribera do Rosal.

 

A competición iniciarase o sábado ás 10h na categoría benxamín na que se enfrontarán cinco equipos galegos e catro valencianos.  Pola tarde de 16h a 18.30h disputaranse os encontros na categoría alevín entre cinco equipos valencianos e cinco galegos.  Xa o domingo a partir das 10.30h disputaranse as finais entre os catro mellores equipos de cada grupo, e a final será a partir das 13.30h.

 

Na presentación desta mañá o vereador de Deportes de Valença, José Monte, destacaba que os dous municipios fan un esforzo importante por potenciar iniciativas coma esta que involucran a colectivos das dúas cidades. Engadía que o proxecto este ano celébrase en Tui e o ano que vén será en Valença xa que “o obxectivo é utilizar os equipamentos que teñen os dous municipios para fomentar o deporte”.

 

Pola súa parte o concelleiro de Deportes de Tui, Nicolás Lorenzo, manifestaba que este torneo é un exemplo máis de que a cooperación entre Tui e Valença está sendo un éxito, non só a nivel cultural senón tamén deportivo. Agarda que sexa un exemplo de participación e de unión das dúas beiras do Miño e das cidades, e desexaba que saia o mellor posible e que en próximos anos se poida estender a máis concellos.

 

Jesús López, presidente do TYDE F.C., agradecía este tipo iniciativas que fomentan a práctica deportiva e o intercambio entre clubs das dúas beiras do Miño.  Manifestouse orgulloso de que esta primeira edición se celebre nas instalacións do TYDE e indicaba que o club porá todo de seu para que continúen este tipo de actividades en próximos anos. Por último desexaba que torneo sexa para o disfrute tanto dos cativos como dos pais e nais.

 

O Coordinador do TYDE F.C. José Manuel Quintana explicaba que a filosofía deste Torneo está na mesma liña que a filosofía do club tudense de que os nenos practiquen un deporte, se divirtan e teñan boa relación cos contrincantes.  Apuntaba que este é un proxecto ilusionante que agarda que en anos vindeiros se estenda a toda a ribeira do Miño.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625