Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá os rapaces de Randufe culminan a ampliación do parque recreativo de Chan do Carrasco
Data: 13-03-2012- 13:39 h.
667 veces
NOVA

Mañá martes 13 de marzo ás 09,30 horas da maña os alumnos do CEIP de Randufe procederán á plantación de oito cerdeiras coas que se culmina a intervención realizada pola concellería de parques e xardíns do Concello de Tui para o adecentamento e ampliación do Parque Recreativo de Chan do Carrasco na parroquia de Randufe.

 

Segundo explica a concelleira responsable deste área, Olga Montes Moldes, procedeuse a retirada de diversos piñeiros queimados que existían no entorno desta superficie de esparcemento, prantando nos seu lugar especies autóctonas e máis axeitadas para un parque público, como foi neste caso un total de 40 carballos. Coas cerdeiras que mañá colocaran os rapaces de Randufe culmina esta intervención.

 

Para a concelleira responsable deste área municipal con esta actuación por parte do Concello de Tui lógrase ampliar e mellorar este Parque recreativo de Chan do Carrasco para o servizo dos veciños da parroquia de Randufe e mesmo de todo o Concello tudense.

 

O obxectivo deste acto no que participa o CEIP de Randufe é promover entre os alumnos deste centro educativo os valores de respecto e coidado do noso medio ambiente natural e dos espacios de uso colectivo como este Parque Recreativo que moitos deles utilizan no seu tempo de lecer e “que agora sentirán como máis propio” afirma a concelleira Montes Moldes.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625