Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Aula da Uned de Tui impartirá un obradoiro de escritura creativa
Data: 13-02-2012- 14:14 h.
931 veces
NOVA

Unha nova actividade de extemsión xunto aos cursos de Inglés Turístico e Memoria que comezan de inmediato

A Aula de UNED de Tui continúa ampliando a súa oferta de actividade de extensión universitaria e de formación en diversas áreas de interese xeral. Trátase dun curso de escritura creativa de 15 horas de duración a impartir entre o 7 de marzo e o 11 de abril, en horario de 18,30 a 21,30 horas.

Este obradoiro ten recoñecido un crédito de libre configuración e 0,50 créditos ECTS.

O obxectivo principal é que o alumnado afonde no marabilloso e interesante viaxe que supón a escritura, aínda sen esquecer outros obxectivos secundarios como:

  • Saber orientar as ideas para discernir por onde comezar y cómo plasmalas, xa que non existe unha idea mala, todas son boas
  • Coñecer e aplicar as principais técnicas de escritura
  • Potenciar a imaxinación

  • Fomentar a lectura, pois ler completa a formación do autor que escribe

 

O prezo da matrícula é de 20,00 Euros e os interesados poden realizala on-line a través da páxina www.extensionuned.es.

Igualmente continúa aberta a matricula para os cursos de extensión universitaria a impartir nos vindeiros meses:

  • “Inglés para fines específicos: inglés turístico”: que se impartirá o 17 e o 28 de febreiro por José María Prieto Orallo. Trátrase dun curso teórico-práctico, e os alumnos poderán practicar e interactuar co profesor-tutor. O segundo día afianzarán os coñecementos adquiridos, resolverán dúbidas e realizarán unha serie de exercicios para colgalos na plataforma AVIP, o que servirá como medio de comunicación entre os alumnos e o profesor-tutor.
  • “Coñecer e dominar a memoria: como lembralo todo”. Será o mércores 7 e o venres 9 de marzo a cargo de Ángeles Amor García. O primeiro día abordarase a “Memoria sensorial, a corto e a longo prazo. Memoria implícita e explícita. Problemas de memoria”, e o segundo “Estratexias de memoria: sistemas e regras mnemotécnicas”.

O prezo de cada un destes cursos é de 35€, 25€ para alumnos da UNED.

Tamén a Uned Senior promove as seguintes actividades dirixidas ás persoas de máis de 50 anos de idade que, independentemente da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos. En concreto, está aberta a matrícula, por importe de 50 Euros, para os seguintes cursos de 30 horas de duración:

 

  • “Inglés II”, impartido pola profesora Blanca Hermida Velasco.
  • “Como mejorar su comunicación oral y escrita” a cargo da profesora Beatriz Rodríguez Quintela.

 

Pódese ampliar esta información en www.extensionuned.es/pontevedra onde tamén cómpre realizar a matriculación on-line.

Para a concelleira de educación e Cultura do Concello de Tui, Vanesa Rodríguez Pereira, este amplo abano de actividades de carácter formativo supón un enriquecemento da oferta educativa da nosa cidade dirixida a todos os sectores sociais interesados.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625