|
DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, Secretaria do tribunal avaliador para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun Profesor de Oboe para o Conservatorio Profesional e para a Escola Municipal de Música de Tui, convocada con data 09/07/2010. CERTIFICA: Que por unanimidade dos membros do tribunal do proceso selectivo de referencia outorgáronse as seguintes puntuacións ós aspirantes presentados: | ASPIRANTES | Fase de méritos | Fase oposición | Total | | ------------------------------------ | ---------------------- | Teórico | Galego | --------- | | Álvarez Rodríguez, Olalla | 2,40 | 5,40 | 1,80 | 9,60 | A puntuación reflectida na fase de oposición é o resultado da conversión da nota obtida á porcentaxe que como máximo se pode obter nesta fase (sesenta por cento da puntuación total a acadar polos aspirantes no proceso de selección). Á vista das puntuacións obtidas e de conformidade co estipulado nas bases da convocatoria proponse á Alcaldía para a súa contratación como Profesor de Oboe a: *-Dna. Olalla Álvarez Rodríguez, con DNI nº 76.897.518-P No prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da publicación desta certificación no Taboleiro de Anuncios o aspirante proposto deberá presentar a documentación acreditativa dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, así como realizar o preceptivo curso de prevención de riscos laborais, para acceder ao posto de traballo perdendo os seus dereitos se así non o fixera. E para que conste, expido a presente certificación en Tui, a vintenove de xullo de dous mil dez. A SECRETARIA DO TRIBUNAL
|