Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CURSO DE VERÁN 2010 - 21º Curo de Dirección coral, canto e Técnica Vocal
Data: 15-07-2010- 12:29 h.
1229 veces
NOVA

CURSO DE VERÁN 2010

21º Curo de Dirección coral, canto e Técnica Vocal

 

 

CONCELLO DE TUI

Concellería de Cultura

Concellería de Educación

Concello de Tui

 

ANTECEDENTES

 

Este curso celébrase anualmente dende 1990 en diferentes provincias de Pontevedra respondendo á demanda constante de formación para cantores e directores de coro así como servir de punto de encontro e divulgación da música coral galega.

 

            Por estes cursos teñen pasado xa máis de 900 estudantes de música, cantores, directores ou futuros directores de coro principalmente de Galicia pero tamén de todo o estado ademáis de diferentes países de Europa e Sudamérica.

 

LUGAR E DATA

 

As actividades didácticas do presente Curso 2010 terán lugar no Cons. Profesional de Música de Tui e os concertos na igrexa de Santo Domingo entre o 18 e o 31 de Xullo.

 

ACTIVIDADES

 

            Os alumnos reciben clases teórico-prácticas impartidas por profesores especializados de prestixio internacional. O público pode asistir gratuitamente como oínte a todas as clases e como audiencia a todos os concertos.

 

Entrada libre e gratuita ata completar aforo.

 

  1. Concerto Apertura:
    • Data: 18 Xullo – 22:00 horas
    • Lugar: Igrexa de Santo Domingo.
    • Interpretes: Grupo CAMERATA VOCAL GALEGA.

 

  2. Curso de Dirección Coral.

    • Datas: 19-23 Xullo
    • Profesores: Tamara Brooks (EE.UU) e Julio Domínguez.
    • Obxetivos:

                                                               i.      Acerca-la música coral a tódolos interesados

                                                             ii.      Descubrir solución ós problemas habituais das agrupacións corais e afondar no campo da dirección en interpretación coral.

3. Concerto extraordinario:

    • Data: 22 Xullo – 22:00 horas
    • Lugar: Igrexa de Santo Domingo.
    • Interpretes: Coro feminino CAMERATA VOCAL GALEGA.

 

  4. Concerto de alumnos:

    • Data: 23 Xullo – 22:00 horas
    • Lugar: Igrexa de Santo Domingo.
    • Interpretes: Alumnos do curso de Dirección Coral

 

  5. Curso de canto e técnica Vocal:

    • Data: 24-26 Xullo (Iniciación e perfeccionamento)
    • Profesorado: Kevin Smith (Reino Unido) e Rasa Jakutyte (Lituania)
    • Obxetivos:

                                                               i.      Acerca-la música coral a tódolos interesados

                                                             ii.      Descubrir solucións ós problemas máis habituais da voz e a interpretación musical do canto

                                                            iii.      Perfeccionar a técnica e interpretación de futuros profesionais do canto.

 

  6. Obradoiro de Canto Coral:

    • Data: 24-31 Xullo
    • Directores: Tamara Brooks (EE.UU) e Julio Domínguez.
    • Obxetivos:

                                                               i.      Acerca-la música coral a tódolos interesados.

                                                             ii.      Fomenta-lo intercambio entre cantores e directores de moi diferentes procedencias.

                                                            iii.      Mostrar e interpretar un repertorio difícilmente accesible para os coros aleccionados.

 

  7. Concerto de Clausura:

    • Data: 31 Xullo – 20:00 horas
    • Lugar: Igrexa de Santo Domingo.
    • Intérpretes: Participantes do Obradoiro Coral.
    • Directores: Tamara Brooks (EE.UU) e Julio Domínguez.

 

  8. Actividades complementarias:

    • Exposición e venda de Partituras.

 

 

Concello de Tui

PATROCINIO E COLABORADORES

 

            As actividades patrocinadas polo Concello de Tui a través das súas concellerías de Cultura e Educación contando coa colaboración do Seminario Menor de Tui e a Igrexa de Sto. Domingo. Tamén colaboran noutra medida os concellos de Ponteareas e Pontevedra.

 

ORGANIZA

 

            A asociación Camereta ad Libitum foi fundada en Ponteareas no ano 1990 como un coro mixto desenvolvendo unha importante e intensa actividade da man do director e compositor Julio Domínguez fundado e seguido u coro infantil e a súa sección xuvenil ademásis dun coro de cámara femenino e o grupo “Camerana Vocal Galega”.

           

            Teñen actuado por toda Galicia, especialmente en Tui, interpretando música “a cappella” de todas as épocas e estilos cun especial interese polos compositores contemporáneos. Tamén participaron nos festivais e ciclos corais máis prestixiosos de España, Portugal e Alemaña recibindo primeiros premios nos certames de Avilés (Asturias) e Ejea de los Caballeros (Zaragoza) e no ano 2001 o Gran Premio Nacional de Canto Coral (Actualmente o galardón más prestixioso a nivel do estado.

 

            De sempre compaxinaron a súa actividade musical cunha importanete labor didáctica participando en numerosos encontros, festivais e intercambios ademais da organización deste curso de verán polo que pasan cada ano numerosos cantores e directores de toda España.

 

            

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625