Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Cheque Infantil. Concellería de educación, servicios sociais e muller
Data: 17-06-2010- 08:04 h.
979 veces
NOVA

CHEQUE INFANTIL

■ Normativa:

Orde do 9  de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3  non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria (DOG nº 111 de 14/06/2010).

■ Obxecto:

Axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

■ Axudas:

Cobertura total ou parcial da praza adxudicada. Establecese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías:

a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes.
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes.
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas.

No custo máximo da praza exclúese o prezo de transporte, actividades extraescolares, material escolar, horas complementarias, matrículas e outros análogos, que deberán ser aboadas, cando proceda, pola persoa usuaria

 As achegas que lles corresponde aboar ás persoas beneficiarias así como a contía máxima mensual da axuda por praza  especifícase no anexo I. Para os efectos desta orde, considérase que as/os nenas/os de integración ocupan dúas prazas.

■ Persoas beneficiarias:

  1. Reserva de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior, sempre que cumpra os requisitos para ser beneficiaria e solicitara a reserva de praza.
  2. Novas solicitudes de praza:
    • Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos solicitantes de praza, nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Neste caso consideraranse solicitantes de oficio sempre que exerceran a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
    • Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos, residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais.
    • Solicitantes de praza en horario de tarde.

As escolas infantís sostidas con fondos públicos (dependentes da Xunta, Consorcio Galego de Servizos IB, PAI e as que dependan de entidades privadas que reciban axudas da Xunta para mantemento) que teñan en lista de agarda solicitantes que optaran polo cheque infantil, deberán remitila ao Departamento Territorial correspondente da Consellería de Traballo e Benestar antes do 9 de xullo de 2010, xunto coa documentación necesaria para a súa valoración.

■ Requisitos das persoas beneficiarias:

  • Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2007. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
  • Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
  • Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.

As/os solicitantes de nova adxudicación deberán acreditar, ademáis, os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos a/o nena/o 3 meses na data de ingreso.
  • Que existan prazas nos centros partícipes do programa para o grupo de idade solicitado no concello de residencia do beneficiario, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais ou titores legais.
  • Non obter praza nunha escola infantil 0-3 sostida con fondos públicos, quedando en lista de agarda

■ Renda per cápita:

  • Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar: (suma dos ingresos totais da unidade familiar :12)/nº de persoas da unidade familiar.
  • Enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillo menores de 18 anos ou fillos maiores desta idade cun grao de discapacidade superior ao 33%. No caso de familias monoparentais incrementarase nun 0,8 o nº real de membros que compoñen a unidade familiar.
  • Ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral maila parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

■ Documentación:

  1. Reserva de praza: As persoas beneficiarias que no curso 2009/2010 obtiveran axuda do programa cheque infantil en continúen interesados na praza adxudicada no ano anterior, ou noutra do mesmo centro, presentaran Solicitude simplificada (anexo II), así como documentación xustificativa dos ingresos familiares e demáis documentación no caso de producirse cambios nas circunstancias familiares.
  2. Nova solicitude de praza: As persoas interesadas residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos, así como aqueles/as interesados/as que soliciten prazas en horario de tarde, presentarán solicitude e anexos (anexo III), na que se elixirá ata un máximo de 5 centros da lista de centros partícipes.(anexo VIII) Achegarase a seguinte documentación:
    • Documentación complementaria (anexo IV)
    • Fotocopia cotexada do libro de familia ou, no seu defecto, documento que acredite oficialmente a situación familiar.
    • Fotocopia cotexada do DNI da persoa solicitante e, se é o caso, do representante legal, so no caso de non autorizar á Consellería para obter estes datos.
    • Declaración xurada de non percibir axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou, de ser o caso, relación das solicitadas.(anexo V)
    • Xustificación de ingresos: Autorización para a obtención de do datos na AEAT (anexo VI)
    • Cando se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, poderán presentar outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica.
    • Informe social no que conste a cantidade estimada de ingresos anuais de que dispón a unidade familiar, naqueles casos en que por distintas razóns non se poidan acreditar as rendas do pais con escasos recursos. De non poder acreditar documentalmente algunha das incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo, tamén se poderá presentar informe social.
    • No caso de nenos/as de integración deberán presentar informe do equipo de valoración e orientación, ou servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica.
    • Certificado de discapacidade, se é o caso, só cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia
    • Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo (anexo VII)
    • No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero acreditación por medio de calquera dos seguintes documentos:
      - Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola/o secretaria/o xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
      -Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
      -Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
      -Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
      -Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
      -Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
      -Calquera outra forma establecida regulamentariamente.

■ Lugar de presentación:

■ Prazo de presentación:

Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 14 de xullo de 2010.

Excepcionalmente, poderanse presentar solicitudes fóra deste prazo cando se produza algunha seguintes circunstancias:

  1. Nacemento da/do nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
  2. Fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
  3. Cambio de concello de residencia da unidade familiar ou outras circunstancias que motivadamente aprecien os departamentos territoriais correspondentes da Consellería de Traballo e Benestar.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625