Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   
Concello de Tui
Ligazóns de interese
O Concello
Turismo
Outros
Documentos

X Marcha Mountain Bike Monte Aloia este domingo 13 de maio en Tui
Data: 07-05-2012- 11:54 h.
138 veces
NOVA

Este domingo, 13 de maio, disputarase unha nova edición da Marcha Mountain Bike Monte Aloia, organizada pola Asociación de Veciños “A Lavandeira” e o MountainBike Aloia, coa colaboración do Concello de Tui e Acitui.

 

Este ano a organización preparou unha serie de actividades para conmemorar a décima edición, xa que o sábado 12 haberá un concerto do grupo tudense “A Comandancia” ás 21.00 horas no parque do Montiño-Rebordáns, o día 13 organizarase unha marcha ciclista de dificultade baixa, de 16 km, e unha andaina de 8 km.

 

Xa o domingo 13, a X Marcha Mountain Bike Monte Aloia sairá ás 09.30 horas, dende o parque do Montiño, percorrendo unha distancia de 40 km, sendo a dificultade media-alta.

 

As inscricións están abertas na páxina www.avalavandeira.org

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625