Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   
Concello de Tui
Ligazóns de interese
O Concello
Turismo
Outros
Documentos

O Concello de Tui homenaxea este sábado á persoa de máis idade do municipio
Data: 03-05-2012- 13:45 h.
203 veces
NOVA

O Concello de Tui vai brindar este sábado unha homenaxe ao avó do municipio. Trátase de Salvador Domínguez Alonso, veciño de Paramos, que o pasado 27 de abril cumpriu 105 anos. Segundo os datos do padrón municipal e do INE é a persoa de máis idade de Tui.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, visitarán este sábado, 5 de maio, ás 16.30h a Salvador Domínguez, na súa casa para felicitalo polo seu recente aniversario e facerlle entrega dun agasallo.

 

 

Nota indicativa de cómo chegar:

A Casa de Salvador Domínguez Alonso está na parroquia de Paramos, Praza nº10.

Para chegar hai que coller na rotonda do tanatorio de Guillarei en dirección Caldelas pola N-404. Na recta de Paramos hai que tomar dirección Salceda pola N-411. Logo aparecen dúas entradas, hai que coller a segunda entrada que está asfaltada a man esquerda. A poucos metros está facendo esquina a vivenda nº10.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625