Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

  • CONCEPTO

Axudas económicas de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
Para os efectos desta norma considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.

  • REQUISISTOS

- Ser maior de idade.
- Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia. (Ingresos non superiores ao 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería).

  • DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
  • Solicitude de axuda de emerxencia social
  • Fotocopia do DNI / NIE do solicitante e membros da unidade de convivencia obrigados a obtelo
  • Libro de familia (se é o caso)
  • Copia do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana
  • Certificado de Minusvalía, no suposto de que o solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de discapacitado
  • Documentación complementaria: xustificación documental que proceda no caso de ser titular de bens e dereitos distintos dos mencionados
  • LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE

A solicitude poderá presentarse durante todo o ano nos Servizos Sociais Comunitarios Básicos correspondentes ó domicilio de residencia:

Concello de Tui
Praza do Concello s/n
36700 Tui
Teléfono 986 60 36 25 extensión 54
(Cita previa)

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625