| Ligazóns de interese |
|
|
| O Concello |
|
|
|
| Turismo |
|
|
| Outros |
|
|
| Documentos |
|
|
|
|
RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA)
A Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.
- Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Enténdese por residencia efectiva aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce.
Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:
- Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislación desa Comunidade se recolla a reciprocidade.
- As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
- Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia. Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar a súa residencia en Galicia.
- Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.
- Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente á persoa solicitante.
- Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos.
Non obstante, tamén poderán ser beneficiarios:
- Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ao seu cargo.
- Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
- Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
- As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
- Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que no seu caso lle corresponda.
- Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.
- Impreso de solicitude da RISGA
- Acreditación de ingresos de todos os convivintes (IRPF, nómina, etc...), no seu caso
- Fotocopia cotexada do DNI do solicitante e do resto das persoa integrantes da unidade de convivencia.
- Fotocopia do libro de familia (se é o caso)
- Copia cotexada do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles da vivenda propia (no seu caso)
- Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles ou inmobles
- Copia cotexada do certificado de Minusvalía (no suposto de que o solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de discapacitado.
- Orde de protección (no caso de ser vítima de violencia doméstica, que cambia o seu domicilio por motivos de seguridade)
- No caso de persoas cidadás procedentes doutros estados
- Copia do pasaporte ou DNI en vigor e copia da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros
- No caso de cidadáns procedentes doutras CC.AA. do Estado español que sexan beneficiarias do salario social da CC.AA. da que proceden
- Copia cotexada da resolución de outorgamento
- No caso de persoas emigrantes que fixasen a súa residencia no territorio da CC.AA. Galega
- Copia cotexada da baixa consular e acreditación documental da súa última veciñanza administrativa anterior á emigración en calquera dos concellos da CC.AA.
- No caso de persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta
- Documentación acreditativa de devandita situación
- No caso de que o solicitante estivese empadroado durante o ano inmediatamente anterior nun ou varios concellos da Comunidade Autónoma distinto a aquel no que tramitara a solicitude
- Certificados de empadroamento que procedan
- Económicas
- Subsidio básico de contía fixa equivalente ó 75 % do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)
- Complemento familiar variable en función do número de membros do fogar:
- 12% do importe mensual do IPREM polo primeiro membro adicional.
- 10 % do importe mensual do IPREM polo segundo.
- 8 % do importe mensual do IPREM por cada un dos restantes membros.
- Complemento de inserción: A contía deste complemento que se poida establecer nos correspondentes proxectos, será determinada en función das súas especiais características, dedicación e gastos que implique. Poderase beneficiar deste complemento toda persoa que, non sendo perceptora da RISGA, estea incorporada a un proxecto de inserción dentro dos programas elaborados para este fin.
- Non Económicas
- Acceso a formación ocupacional
- Integración laboral: Incentivos tanto para a contratación por conta allea coma para o autoemprego e a economía social e prioridade para participar nos programas de colaboración con outras administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro para a realización de obras e servizos de interese xeral ou social e para a participación en programas mixtos de formación e emprego.
- LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE
A solicitude, cando se cumpran os requisitos establecidos, poderá presentarse durante todo o ano, en:
- Servizos Sociais Comunitarios Básicos
Concello de Tui
Praza do Concello s/n
36700 Tui
Teléfono 986 60 36 25 extensión 54
(Cita previa)
- Delegacións Provinciais da Traballo e Benestar
|