Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES RETORNADOS

  • Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e ós seus familiares da Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta de Galicia ven convocando dende hai varios anos axudas extraordinarias a emigrantes retornados, convocándoas cada ano a través de diferentes resolucións.

A do ano 2010 publicouse no DOG de 19 de abril de 20010  a través de Resolución do 12 de abril de 2010 da Secretaría Xeral de Emigración, e aínda que xa rematou o prazo para poder solicitala, cabe citala xa que soen ser semellantes nos seus requisitos.

O obxecto é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas ós emigrantes galegos retornados e ós seus familiares, para axudas a facer fronte ós gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Destinatarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas:

  • Os cidadáns españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron a Galicia, sempre que, antes de emigrar, tiveran a súa última veciñanza administrativa en Galicia e así estivese acreditado no correspondente consulado de España, así como os emigrantes naturais de Galicia que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volveron á Comunidade Autónoma.
  • Os familiares das persoas indicadas na alínea anterior unidos a estes por matrimonio ou que sexan parella de feito, parentesco por afinidade en primeiro grao, ou por adopción e parentes consanguíneos de ata o segundo grao, así como os viúvos ou orfos deses emigrantes.

Os anteditos beneficiarios deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia

  • Requisitos do beneficiarios
  • Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.
  • Ter traballado no exterior durante un período mínimo de 1 ano. Quedarán eximidos deste requisito:
      • As persoas que teñan 65 anos ou máis na data de publicación desta resolución ou que cumpran 65 anos ó longo do ano 2010
      • Os solicitantes que teñan recoñecida unha discapacidade por un organismo público oficial español nun grao igual ou superior ó 65%
  • Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a data de publicación desta resolución.
  • Estar empadroado e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.

Entenderase como rendas ou ingresos insuficientes os que non superen en cómputo global, o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), fixado para o ano 2010 en 532,51€ mensuais, e relativos á renda per cápita da unidade familiar.

  • Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000€ máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar

Quedan excluídos das axudas desta resolución:

  • Os beneficiarios de anteriores resolucións da Secretaría Xeral da Emigración de axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e ós seus familiares.
  • Os solicitantes que teñan bens patrimoniais (mobles e/ou inmobles), cuxo valor supere o límite de 15.000€ máis 5.000 adicional por cada membro da unidade familiar
  • Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 19/04/2010 ata o 30/09/2010

  • Lugar de presentación

As solicitudes dirixiranse á:
SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN
SUBDIRECCIÓN XERAL DO RETORNO E DA INMIGRACIÓN
Rúa Basquiños, 2
15704 Santiago de Compostela

  • Axudas para atender situación de extraordinaria necesidade dos retornados do Ministerio de Traballo e Inmigración

Convocadas mediante Real Decreto 1493/2007, de 12 de novembro (BOE  26/11/07), ten como obxecto a concesión directa de axudas destinadas a atender as situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados polos gastos extraordinarios derivados do feito do retorno, cando se acredite insuficiencia de recursos no momento da solicitude da axuda.

  • Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas os españois de orixe retornados, dentro dos nove meses seguintes ó seu retorno, sempre que quede acreditado que residiron no exterior, de forma continuada, un mínimo de cinco anos antes do retorno.

  • Criterios para a concesión das axudas

As axudas concédente ós retornados que se atopen en situación de necesidade económica en relación cos gastos que deben afrontar no momento do retorno, situación que se acreditará mediante informe dos Servizos Sociais do lugar de residencia do solicitante ou, no seu caso, mediante informe das Áreas ou Dependencias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais, das Delegacións e Subdelegacións do Goberno. Para valorar dita situación de necesidade, terase en conta, entre outras, as seguintes circunstancias:

  • A percepción de ingresos mensuais en contía igual ou inferior ó importe do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), do ano en curso.
  • O número de persoas a cargo do solicitante, especialmente si se trata de menores, persoas con discapacidade, maiores e/ou dependentes.
  • As dificultades de inserción no mercado laboral en función da idade ou outras circunstancias do solicitante
  • Os gastos por vivenda habitual
  • Necesidades e gastos subvencionables

As axudas reguladas neste real decreto están destinadas a atender as necesidades urxentes, que conlevan gastos inaprazables, derivados do retorno a España.
Non se considerarán gastos extraordinarios derivados do feito do retorno a España os correspondentes ós pasaxes de volta, nin ó traslado de mobles e enseres, salvo que concorran circunstancias de absoluta excepcionalidade.

  • Modalidade e contía das axudas

As axudas serán de contía variable en función das causas que xeran a solicitude e a situación económica e familiar dos interesados.
En todo caso, fíxase a contía máxima anual por cada beneficiario no importe anual do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), correspondente a 12 pagas do ano en curso.

  • Solicitudes

As solicitudes, cumprimentadas no modelo establecido, estarán a disposición dos solicitantes nas Áreas ou Dependencias de Traballo e Inmigración das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno, ou, no seu caso, nas Direccións Insulares, podendo tamén descargarse na páxina web: www.ciudadaniaexterior.mtin.es
As solicitudes poderán presentarse nos organismos relacionados anteriormente correspondentes ó domicilio do solicitante, na Dirección Xeral da Cidadanía Española no exterior e nos rexistros ou oficinas a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Dependencia del Área Funcional de Trabajo e Inmigración
Avda Cánovas del Castillo nº18
36202 Vigo

  • Prazo de presentación

As axudas poderanse solicitar en calquera momento do ano.

  • Documentación

As solicitudes deberán acompañarse da seguinte documentación:

  • Certificación literal de nacemento ou outra documentación que acredite a nacionalidade española de orixe
  • Baixa consular do solicitante expedida polo Consulado do país de procedencia ou calquera outro documento oficial expedido polas autoridade de dito país que permita acreditar de modo verdadeiro o tempo de residencia no mesmo.
  • Declaración na que o solicitante preste o seu consentimento para que o órgano instrutor poida verificar os datos de identidade, mediante consulta ó Sistema de Verificación de Datos de Identidade, así como os datos de residencia das persoas que formen parte da unidade de convivencia. De non prestarse dito consentimento, deberase aportar a fotocopia do DNI ou pasaporte español en vigor, así como o certificado de empadroamento segundo proceda.
  • Informe emitido polos servizos sociais do Concello ou da Comunidade Autónoma correspondente, para coñecer a situación de necesidade do solicitante.
  • No suposto que proceda, certificado de defunción do causante.
  • Declaración na que o solicitante preste o seu consentimento para que o órgano instrutor poida recadar da Axencia Tributaria o subministro directo e telemático da información relativa ós ingresos, rendas e situación patrimonial do solicitante, así como dos demais membros da unidade familiar. De non prestar dito consentimento, deberán aportarse as correspondentes certificacións tributarias.
  • Xustificación das axudas ou subvencións recoñecidas por outras entidades públicas ou privadas, con indicación da súa contía, ou no seu defecto, cumprimentar unha declaración responsable de non ser perceptor doutras axudas.
  • Xustificación, cando proceda, dos gastos que motivan a petición de axuda.
  • SUBSIDIO DE DESEMPREGO PARA EMIGRANTES RETORNADOS
  • Requisitos para poder acceder  ó subsidio de emigrante retornado:
  • Inscribirse como demandante de emprego
  • Subscribir o Compromiso de Actividade
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias (para o ano 2010, 474,98€/mes)
  • Ter traballado como mínimo 12 meses nos últimos seis anos dende a súa última saída de España, en países non pertencentes ó Espazo Económico Europeo, ou cos que non exista convenio sobre protección por desemprego.
  • Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego.
  • Duración, contido e contía
  • Duración

Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.

  • Contía

A contía mensual do subsidio por desemprego é igual ó 80% do Indicador de Renda de Efectos Múltiples: 426 euros/mes en 2010.
A Entidade Xestora (Servizo Público de Emprego Estatal ou Instituto Social da Marina) ingresará as cotizacións á Seguridade Social correspondentes ás prestacións de asistencia sanitaria e protección á familia

  • Contido

O beneficiario do subsidio por desemprego ten dereito a accións específicas  de formación, perfeccionamento, orientación, reconversión e inserción profesional a favor dos traballadores desempregados, e aquelas outras que teñan por obxecto o fomento do emprego estable.

  • Solicitude e documentación

A documentación que se deberá aportar é a seguinte:

  • Modelo oficial de solicitude.

O impreso de solicitude incorpora: a declaración de rendas do solicitante, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información á AEAT (Axencia Tributaria)

  • Documento de identificación do solicitante (soamente será necesaria a súa exhibición para verificar ditos datos:

Documento Nacional de Identidade ou tarxeta de identidade de estranxeiro

  • Certificado de emigrante retornado expedido pola Áreas ou Dependencias de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno.
  • Soamente si a entidade xestora o solicita, un xustificante de rendas.
  • Lugar e prazo de presentación

O prazo para presentar a solicitude é de 15 días hábiles, que comeza a contar dende o día seguinte ó retorno.

O lugar de presentación é a oficina de emprego correspondente ó domicilio de residencia

A Oficina de emprego en Tui atópase en :
R/ Alcalde Casal Aboy, 19
36700 Tui
Teléfono 986601332

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625