Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN

  • CONCEPTO

O obxectivo do Programa de Renda Activa de Inserción é incrementar as oportunidades de retorno ó mercado de traballo de determinados colectivos de traballadores desempregados con especiais necesidades económicas e dificultade para atopar emprego. Ditos colectivos son:

  • Desempregados de longa duración maiores de 45 anos
  • Emigrantes retornados maiores de 45 anos
  • Vítimas de violencia de xénero ou vítimas de violencia doméstica
  • Persoas con discapacidade

O programa comprende medidas de políticas activas de emprego, xestionadas polos Servizos Públicos de Emprego coa finalidade de incrementar as oportunidades de reinserción laboral, e o abono dunha prestación económica, denominada renda activa de inserción, xestionada polo Servizo Público de Emprego Estatal, vinculada á realización de accións en materia de políticas activas de emprego que non conleven retribucións salariais.

  • BENEFICIARIOS E REQUISITOS

Poderán ser beneficiarios deste programa os traballadores desempregados menores de 65 anos que, á data de solicitude  de incorporación ó mesmo reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter cumprida a idade de 45 anos.
  • Ser demandante de emprego, inscrito na oficina do Servizo Público de Emprego durante doce ou máis meses de xeito ininterrompido. Considérase que se interrumpiu a demanda de emprego si se traballou 90 ou máis días nos 365 anteriores á data de solicitude de incorporación ó programa.
  • Non ter dereito ás prestacións ou subsidios por desemprego ou á Renda Agraria
  • Carecer de rendas de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ó 75% do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de pagas extraordinarias.

Para cumprir este requisito é necesario que o solicitante careza de rendas e, ademais, se ten cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, maiores incapacitados ou menores acollidos, unicamente entenderase cumprido o requisito cando a suma dos ingresos de todos os integrantes da unidade familiar (así constituída e incluído o solicitante), dividida polo número de membros que a compoñen non supere o 75% do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Computarase como renda o importe dos salarios sociais, rendas mínima de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas polas comunidades autónomas.
Non obstante, para as vítimas de violencia de xénero e vítimas de violencia doméstica as rendas individuais do cónxuxe ou do fillo agresor non se computarán como rendas familiares e estes non deben ser considerados membros integrantes da unidade familiar da vítima.

  • Non ter sido beneficiario do programa de renda activa de inserción nos 365 días naturais anteriores á data de solicitude, salvo que nese momento se acredite a condición de persoa con discapacidade, de vítima de violencia de xénero ou de vítima de violencia doméstica.
  • Non ter sido beneficiario de tres programas de renda activa de inserción

Asimesmo, poderán ser beneficiarios da RAI os traballadores desempregados menores de 65 anos que, á data de solicitude, se atopen nalgunha das situacións seguintes:

    • Ter a condición de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ó 33% ou ter recoñecida unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral do 33%, sempre que se reúnan os requisitos xerais, excepto o de ser maiores de 45 anos.
    • Ser traballador emigrante que retornou do estranxeiro nos 12 meses anteriores á solicitude, traballou como mínimo 6 meses no estranxeiro dende a súa última saída de España e figura inscrito como demandante de emprego, sempre que se reúnan os requisitos xerais, excepto o de ter permanecido inscrito nos últimos doce meses.
    • Ser vítima de violencia de xénero ou vítima de violencia doméstica, salvo que conviva co agresor, e inscribirse  como demandante de emprego, sempre que se reúnan os requisitos xerais, excepto o da idade de 45 anos e o da inscrición durante os últimos doce meses.
    • DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Para poder acceder ó Programa de Renda Activa de Inserción deberá presentar a seguinte documentación:

  • Modelo de solicitude

O impreso de solicitude incorpora: a declaración de rendas do solicitante e dos familiares que convivan con el ou estean ó seu cargo, os impreso de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información á AEAT (Axencia Tributaria). Nel deberase indicar si se é beneficiario ou non de pensión de invalidez non contributiva e, de selo, o importe da pensión.

  • Documentos de identificación do solicitante e dos fillos que conviven ou están ó seu cargo e que figuren na solicitude. (Bastará coa exhibición dos documentos):
    • Documento Nacional de Identidade (DNI)/Tarxeta de identidade de estranxeiro
    • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros. Se alega como cargo un fillo maior de 26 anos incapacitado, debe aportar un certificado de minusvalía e de grao recoñecido expedido polo INSS, polo IMSERSO ou polo organismo competente da Comunidade Autónoma.
  • Só no caso de acceder ó programa pola condición de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, ou por unha incapacidade que supoña unha diminución na súa capacidade laboral da mesma porcentaxe, deberá aportar un certificado de minusvalía expedido pola administración pública competente.

A condición de persoa discapacitada acredítase con algún dos seguintes documentos:

    • Resolución ou certificado expedido polo Instituto de Maiores e Servizos Socias (IMSERSO) ou órgano competente da comunidade autónoma
    • Resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) onde se recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta e gran invalidez.
    • Resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa onde se recoñeza unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
  • No caso de acceder ó programa por ser traballador emigrante deberá aportar certificado expedido pola Área de Traballo das Delegacións ou Subdelegación do Goberno en cada provincia.
  • De acceder ó programa como vítima de violencia de xénero ou vítima de violencia doméstica deberá acreditar tal condición aportando sentencia xudicial, orde de protección xudicial, informe do Ministerio Fiscal ou informe dos servizos sociais da administración pública competente (autonómica ou local) ou casa de acollida, onde se indique que recibe asistencia por esta circunstancia.
  • CONTÍA E DURACIÓN

A contía da Renda Activa de Inserción é o 80% do IPREM mensual vixente en cada momento: 426€/mes en 2010.

A duración máxima da percepción da renda será de 11 meses.

  • LUGAR DE SOLICITUDE

A solicitude poderá presentarse na oficina de emprego correspondente ó domicilio de residencia ou telemáticamente a través da páxina web do Servizo Público de Emprego Estatal.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625