SUBSIDIO DE DESEMPREGO PARA EMIGRANTES RETORNADOS
- Inscribirse como demandante de emprego
- Subscribir o Compromiso de Actividade
- Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias (para o ano 2010, 474,98€/mes)
- Ter traballado como mínimo 12 meses nos últimos seis anos dende a súa última saída de España, en países non pertencentes ó Espazo Económico Europeo, ou cos que non exista convenio sobre protección por desemprego.
- Non ter dereito á prestación contributiva por desemprego.
- DURACIÓN, CONTIDO E CONTÍA
Seis meses, prorrogables por outros dous períodos de igual duración, ata un máximo de 18 meses.
A contía mensual do subsidio por desemprego é igual ó 80% do Indicador de Renda de Efectos Múltiples: 426 euros/mes en 2010.
A Entidade Xestora (Servizo Público de Emprego Estatal ou Instituto Social da Marina) ingresará as cotizacións á Seguridade Social correspondentes ás prestacións de asistencia sanitaria e protección á familia
O beneficiario do subsidio por desemprego ten dereito a accións específicas de formación, perfeccionamento, orientación, reconversión e inserción profesional a favor dos traballadores desempregados, e aquelas outras que teñan por obxecto o fomento do emprego estable.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
A documentación que se deberá aportar é a seguinte:
- Modelo oficial de solicitude.
O impreso de solicitude incorpora: a declaración de rendas do solicitante, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información á AEAT (Axencia Tributaria)
- Documento de identificación do solicitante (soamente será necesaria a súa exhibición para verificar ditos datos:
Documento Nacional de Identidade ou tarxeta de identidade de estranxeiro
- Certificado de emigrante retornado expedido pola Áreas ou Dependencias de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Goberno.
- Soamente si a entidade xestora o solicita, un xustificante de rendas.
- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo para presentar a solicitude é de 15 días hábiles, que comeza a contar dende o día seguinte ó retorno.
O lugar de presentación é a oficina de emprego correspondente ó domicilio de residencia
A Oficina de emprego en Tui atópase en :
R/ Alcalde Casal Aboy, 19
36700 Tui
Teléfono 986601332