SUBSIDIO POR DESEMPREGO POR TER TRABALLADO MENOS DUN ANO
- Estar desempregado e en situación legal de desemprego
- Inscribirse como demandante de emprego no prazo de 15 días dende a situación legal de desemprego e subscribir o Compromiso de Actividade.
- Ter cotizado, nun réxime da Seguridade Social que contemple a continxencia de desemprego, a lo menos 3 meses se ten responsabilidades familiares, ou 6 meses se non as ten, e non ter cuberto o período mínimo de cotización de 360 días para ter dereito a unha prestación contributiva.
- Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores ó 75% do salario mínimo interprofesional, excluídas as pagas extraordinarias.
Si o traballador tivera dereito ó “Subsidio por desemprego para traballadores maiores de 52 anos” percibiría este.
No caso de que realizara traballos a tempo parcial, deberá aportar os contratos nos que se reflicte o número de días de traballo á semana.
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Para poder acceder a un subsidio por desemprego por ter traballado menos dun ano deberá presentar a seguinte documentación:
O impreso incorpora a declaración de rendas do solicitante e dos familiares que convivan con el ou estean o seu cargo, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información á AEAT (Axencia Tributaria)
- Documentos de identificación do solicitante e dos fillos que conviven ou están ó seu cargo e que figuren na solicitude. (Bastará coa exhibición dos documentos):
- Documento Nacional de Identidade (DNI)/Tarxeta de identidade de estranxeiro
- Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros
- Certificado de empresa no que se acredite a situación legal de desemprego
- Só naquelas situacións en que o certificado de empresa non fora suficiente para acreditar a situación legal de desemprego, documento acreditativo que corresponda.
- Soamente si a entidade xestora o solicita, un xustificante das rendas.
- LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE
A solicitude poderá presentarse na oficina de emprego ou nunha oficina de correos no prazo de 15 días hábiles seguintes á situación legal de desemprego.