Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

PRESTACIÓN CONTRIBUTIVA POR DESEMPREGO POR TER TRABALLADO UN ANO OU MÁIS

  • REQUISITOS
  • Estar afiliado e en situación de alta ou asimilada ó alta na Seguridade Social nun réxime que contemple a continxencia por desemprego
  • Atoparse en situación legal de desemprego
  • Acreditar dispoñibilidade para buscar activamente emprego e para aceptar unha colocación axeitada e subscribir un Compromiso de Actividade. Os Servizos Públicos de Emprego terán en conta a condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de violencia doméstica para temperar, no caso necesario, o cumprimento das obrigas que se deriven do compromiso de actividade
  • Ter cotizado por desemprego un período mínimo de 360 días dentro dos seis anos anteriores á situación legal de desemprego. O incumprimento por parte do empresario das obrigas de afiliación, alta e cotización non impide que o traballador obteña a súa prestación por desemprego e, por elo, o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) abonará as prestacións sen prexuízo das accións que emprenda contra a empresa infractora e a responsabilidade de esta polas prestacións recoñecidas.
  • Non ter cumprido a idade ordinaria que se esixa para a pensión de xubilación, salvo que non se tivera dereito a ela pola falla de cotización ou se trate de situacións de suspensión da relación laboral ou de redución de xornada autorizados por expediente de regulación de emprego.
  • Non estar incluído nalgunha das causas de incompatibilidade
  • DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Para poder acceder a unha prestación contributiva por desemprego por ter traballado un ano ou máis deberá estar inscrito como demandante de emprego e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude da prestación en modelo normalizado, que facilita a oficina de emprego

O impreso de solicitude incorpora: a declaración dos fillos a carto e as súas rendas, os datos de domiciliación bancaria, o compromiso de actividade e a autorización de petición de información á AEAT (Axencia Tributaria)

  • Identificación do solicitante e dos fillos que conviven ou están ó seu cargo e que figuren na solicitude. (Bastará coa exhibición dos documentos):
    • Documento Nacional de Identidade (DNI)/Tarxeta de identidade de estranxeiro
    • Libro de Familia, ou documento equivalente no caso de estranxeiros
  • Certificado ou certificados de empresa nas que traballara nos últimos 6 meses.
  • Só naquelas situacións en que o certificado de empresa non fora suficiente para acreditar a situación legal de desemprego é necesario aportar o outro documento acreditativo que corresponda.
  • Só no suposto de que a empresa non estivera integrada no Sistema de Remisión Electrónica de Documentos (RED) da Tesourería Xeral da Seguridade Social, precísase unha copia dos documentos oficiais de cotización correspondentes ós últimos 180 días cotizados
  •  
  • LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE

A solicitude poderá presentarse na oficina de emprego, a través da páxina web do Servizo Público de Emprego Estatal ou nunha oficina de correos, nos 15 días hábiles seguintes á situación legal de desemprego (término da relación laboral por fin de contrato ou despido), ó retorno do estranxeiro, ou á excarceración.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625