Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   
Concello de Tui
Ligazóns de interese
O Concello
Turismo
Outros
Documentos

BUSCA DE EMPREGO: CANLES AXEITADAS

Unha das maiores dificultades que atopan tanto os inmigrantes como os emigrantes retornados é atopar traballo, e para conseguilo deben usarse as canles axeitadas.

O Concello de Tui conta cos seguintes servizos:

  • Técnico/a de Orientación Laboral

Centro de Formación Ocupacional
A Gándara s/n, Guillarei
36720 Tui
Teléfono 986 60 32 28

  • Técnico/a de emprego

Concello de Tui
Prazo do Concello s/n
36700 Tui
Teléfono 986 60 36 25

As canles de emprego son as vías ou lugares por onde circulan as ofertas de traballo.

A principal canle que ofrece máis confianza á empresa é o de amigos familiares e coñecidos.

Si a oferta non se cubre mediante coñecidos recórrese a outros canles como oficinas de emprego, internet, empresas, colexios profesionais, sindicatos, gremios, asociacións empresariais, universidades, empresas de traballo temporal, prensa, traballo no estranxeiro, oposicións, autoemprego, teletraballo,...

  • Amigos, familiares e coñecidos
  • Oficinas de emprego

A Oficina de emprego en Tui atópase en :
R/ Alcalde Casal Aboy, 19
36700 Tui
Teléfono 986601332

Algún dos servizos que se poden atopar nestas oficinas son os seguintes:

  • Inscrición como demandante de emprego.
  • Renovación das demandas de emprego
  • Obtención de duplicados das tarxetas de demanda.
  • Asesoramento na definición do perfil profesional para conseguir a clasificación das demandas nas ocupacións máis axeitadas.
  • Xestión do Itinerario Personalizado de Inserción e/ou asesoramente para o mesmo.
  • Consultas de ofertas de emprego.

Asesoramento sobre outros servizos como son:

  • Orientación Profesional
  • Formación Profesional Ocupacional
  • Programas de Formación e Emprego
  • Escolas taller
  • Casas de Oficio
  • Talleres de emprego
  • Autoemprego
  • E outros programas de apoio á inserción laboral
  • Internet

Non podemos esquecer que Internet é unha das principais fontes de información, unha ferramenta de comunicación para millóns de usuarios.

A páxina web do Servizo Público de Estatal é redtrabaj@, e outra paxina importante é a do Servizo Galego de Colocación.

Pódense citar ademais as seguintes direccións de interese para atopar emprego na rede:

  • Becasfacil
  • Canaloposiciones
  • Campus
  • Computrabajo
  • Contactos de trabajo
  • Cybersearch
  • Directorio de empresas Cámara de Comercio
  • Empleopublico
  • Empleo112
  • Euro-practice
  • Indeed
  • Infoempleo
  • Infojobs
  • Jobpilot
  • Jobrapido
  • Laboris
  • Monster
  • Oficina de Empleo de España
  • Opositor
  • Publiempleo
  • Todotrabajo
  • Top Jobs on the Net
  • Trabajos

  • Empresas, colexios e sindicatos

Pódese buscar traballo directamente nas empresas facéndolles chegar o currículum, cando exista algunha vacante, ou a través dunha carta de presentación ante posibles procesos de selección futuros.

Algunhas empresas confían as súas ofertas de traballo ós seus gremios e asociacións empresariais, que son de carácter sectorial e territorial

    • Asociación de Empresarios de Mos
    • Asociación de Empresarios de As Gándaras, Porriño
    • Asociación de Jóvenes Empresairos de Vigo

 

Os colexios profesionais e Universidades xestionan bolsas de emprego no ámbito da súa especialidade

O sindicatos desenvolven programas de Información, orientación e formación para o traballo, xestionan accións formativas, asesoran sobre relacións laborais e teñen bolsas de traballo.

As empresas de selección de persoal realizan os procesos de selección por encargo doutras empresas

  • Empresas de Traballo Temporal (ETT´S)

As ETT´s contratan traballadores para polos a disposición das empresas para realizar traballos temporais, puntuais, ou emerxentes.

Algunha das ETT´s que se poden citar son:

    • Manpower
    • Adecco
    • Randstad
    • Page Personal
  • Prensa

A prensa e as revistas especializadas que publican ofertas de traballo poden ser canles útiles para buscar traballo.

Ademais a prensa non especializada, soe incluír un apartado de ofertas de emprego nas súas edición do domingo.

  • Emprego público e oposicións

Oposicións e concursos son canles de acceso ós postos de traballo das administracións.

As convocatorias publícanse nos boletíns oficiais das administracións correspondentes.

  • Autoemprego

As persoas emprendedoras crean o seu posto de traballo.

Si se opta por constituírse como empresario individual a páxina web de Redtrabaj@ facilita a realización dos trámites para crear a empresa a través do sistema telemático CIRCE.

Tamén pode solicitar información e asesoramento co/a Técnico de Emprego do Concello.

  • Teletraballo

O teletraballo é traballar en Internet con alto grao de autonomía por conta propia ou allea.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625