Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

HOMOLOGACIÓN E VALIDACIÓN

  • HOMOLOGACIÓN E VALIDACIÓN DE ESTUDOS DE SISTEMAS EDUCATIVOS ESTRANXEIROS ÓS SEUS EQUIVALENTES ESPAÑOIS DE EDUCACIÓN NON UNIVERSITARIA

A homologación de títulos obtidos e de estudos cursados conforme a sistemas educativos estranxeiros polos títulos equivalentes españois de nivel non universitario, é o recoñecemento da súa validez oficial en España. A homologación de estes títulos supón o recoñecemento do grao académico de que se trate, habilita para continuar estudos noutro nivel educativo español, no seu caso, e implica o recoñecemento dos efectos profesionais inherentes ó título español de referencia, cando se trate de título que habilitan para o seu exercicio.

A validación de estudos estranxeiros de educación non universitaria supón a declaración da equivalencia de aqueles cos correspondentes españois, a efectos de continuar estudos nun Centro docente español.

    • Requisitos xerais
  • Documentos oficiais

Todos os documentos que se aporten a estes procedementos deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para elo, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate

  • Legalización de documentos

Non se esixe ningún tipo de legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro que queiran facerse valer nestes procedementos deberán estar debidamente legalizados de acordo ás seguintes condicións:

  • Documentos expedidos en países que subscribiron o  Convenio da Haya: é suficiente coa legalización única ou “apostilla” estendida polas Autoridades competentes do país.
  • Documentos expedidos en países que subscribiron o Convenio Andrés Bello: deberán ser legalizados por vía diplomática. Deberán presentarse en:
    • Ministerio de Educación do país de orixe para títulos e certificados de estudos
    • Ministerio correspondente para certificados de nacemento e nacionalidade, no Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron ditos documentos.
    • Representación diplomática ou consular de España en dito país.
  • Documentos expedidos no resto de países: deberán legalizarse por vía diplomática. Para elo, deberán ser presentados en:
    • Ministerio de Educación do país de orixe para títulos e certificados de estudos e no Ministerio correspondente para certificados de nacemento e nacionalidade
    • Ministerio de Asuntos Exteriores do país onde se expediron ditos documentos.
    • Representación diplomática ou consular de España en dito país.
  • Documentos expedidos polas Autoridades diplomáticas ou consulares doutros países en España deben legalizarse no Ministerio Español de Asuntos Exteriores
  • Tradución de documentos

A tradución oficial de documentos poderá facerse:

  • Por Tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.
  • Por calquera Representación diplomática ou consular do Estado Español no estranxeiro.
  • Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán o solicitante ou, no seu caso, do de procedencia do documento
  • Órganos competentes

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte: Subdirección Xeral de Títulos, Validación e Homologacións

As competencias concretas de resolución son:

  • Tramitación do expediente e Proposta de resolución:

Cando os estudos ou títulos cuxa validación ou homologación se solicita estean incluídos nunha tabla de equivalencias aprobada polo Orde do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e, polo tanto, a resolución do expedinte deba  adoptarse de acordo con dita tabla, os órganos competentes para tramitar os expedientes e formular a proposta de resolución que corresponda, tanto favorable como desfavorable, serán os seguintes:

  • As Áreas de Alta Inspección de Educación nas Comunidades Autónomas e as Direccións Provincias do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en Ceuta e Melilla, respecto de tódalas solicitudes nas que o domicilio indicado polo interesado estea dentro do seu ámbito territorial, con independencia do lugar de presentación.
  • As Consellerías de Educación e Ciencia das Embaixadas de España no estranxeiro, respecto de tódalas solicitudes presentadas no seu ámbito, con independencia da nacionalidade do solicitante ou do sistema educativo a que se refiran.
  • A Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións, dependente da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, nos demais casos.
  • Resolución dos expedientes (concesión ou denegación da homologación ou validación)
  • Orde do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, firmada por delegación polo Secretario Xeral Técnico do Departamento
  • Credencial (en caso de homologación)
  • Expedida pola Subdirección Xeral de Títulos, Validacións e Homologacións do Departamento.
  • Títulos susceptibles de homologación

Tanto a homologación como a validación pode ser solicitada por aqueles cidadáns españois ou estranxeiros, que cursaran estudos ou obtidos un título oficial ou oficialmente recoñecido conforme a un sistema educativo estranxeiro, así como os que cursaran estudos en centros autorizados para impartir en España ensinanzas conforme ós sistemas educativos doutros países.

Os alumnos que, procedentes dun sistema educativo estranxeiro, desexen incorporarse a algún dos seis cursos da Educación Primaria ou ata cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria, non deben realizar trámite algún de validación dos seus estudos. A incorporación ós estudos correspondentes realízase no Centro en que o alumnos desexe continualos, de acordo coa normativa aplicable. Isto implica que os cursos estranxeiro equivalentes ós seis de Educación Primaria e a 1º,2º e 3º de Educación Secundaria Obrigatoria non son susceptibles de validación.

Os títulos ou estudos deben cumprir os seguintes requisitos para a súa homologación ou validación:

  • Que os estudos realizados e os títulos obtidos teñan validez oficial no sistema educativo do país ó que correspondan. Si se realizaron nun centro estranxeiro situado en España, que dito centro estea debidamente autorizado para impartir tales estudos pola Administración educativa española competente.
  • Que o título avale uns estudos efectivamente cursados conforme ó sistema educativo do país que o expide. Non é aceptable, a efectos da súa homologación en España, un título estranxeiro obtido por homologación, validación ou recoñecemento doutro título obtido nun país terceiro, nin os títulos obtidos mediante probas de nivel, sen ter cursado estudos, salvo nos casos en que unha norma o contemple expresamente.
  • Que exista suficiente equivalencia cos estudos ou o título español de referencia, tanto no nivel académico ó que corresponden, como na duración e contidos dos estudos requiridos.
  • Que os estudos conducentes ó título español de referencia estean totalmente implantados no sistema educativo español.
  • Que o curso ou cursos obxecto de validación estean completamente superados no sistema educativo do outro país
  • Que o interesado non teña obtido previamente no sistema educativo español o mesmo título ou os mesmos estudos cuxa homologación ou validación solicita.
    • Solicitude

O procedemento iníciase a solicitude do interesado, conforme ó modelo oficial aprobado pola Orde de 30 de abril de 1996, que poderamos atopar na páxina web do Ministerio de educación, e que deberá ir acompañada, a lo menos, dos documentos que se sinalan no apartado seguinte.

Poderán presentarse en:

  • As oficinas o rexistro do órgano administrativo ó que se dirixan.

Cando se dirixan ó Sr./a Ministro/a de Educación, Cultura e Deporte, serán:

  • Rexistro Xeral ou Rexistro Auxiliares do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
  • Áreas Funcionais de Alta Inspección de Educación das Delegacións do Goberno nas Comunidades Autónomas, ou Delegacións Provincias do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en Ceuta e Melilla.

En calquera outro dos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, é dicir:

  • Nas oficinas do rexistro de calquera órgano administrativo pertencente á Administración Xeral do Estado, ou dos Organismos públicos vinculados ou dependentes daquela.
  • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • Nos rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas
  • Nos rexistros das entidades que integran a Administración local, sempre que previamente se subscribira o correspondente convenio.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

As persoas estranxeiras residentes en Pontevedra que desen solicitar a validación de títulos ou estudos cursados no estranxeiro poderán dirixirse a:
Subdelegación do Goberno
Praza de España s/n
36002 Pontevedra

  • Documentos preceptivos

A solicitude deberá ir acompañada dos seguintes documentos:

  • Certificación acreditativa da nacionalidade do solicitante expedida polas autoridades competentes do seu país, que pode ser sustituída por unha fotocopia compulsada do pasaporte ou do permiso de residencia en España, ou, no caso de cidadáns españois, por unha fotocopia compulsada do D.N.I.
  • Título ou diploma oficial cuxa homologación se solicita ou, no seu caso, certificación oficial acreditativa da superación dos exames terminais correspondentes.
  • Certificación académica oficial acreditativa dos cursos realizados, na que consten as sinaturas cursadas, as cualificacións obtidas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.
  • Acreditación do abono da taxa correspondente.

Ademais dos documentos indicados nos puntos anteriores, en determinados supostos debe presentarse documentación complementaria.

Todos os documentos poden acreditarse mediante fotocopia compulsada, presentando a fotocopia xunto co documento orixinal ó que corresponda na oficina de Rexistro na que presente a solicitude. O Rexistro compulsará as fotocopias, que quedarán unidas á solicitude, e devolverá os orixinais ó interesado.

Os documentos deberán ser oficiais, estar debidamente legalizados e vir acompañados da súa tradución ó castelán segundo o establecido no apartado de requisitos xerais.

  • Volante de inscrición condicional

Co obxecto de facer posible a inscrición condicional dos solicitantes dentro dos prazos legalmente establecidos, ben en Centros docentes, ben en exames oficias, as solicitudes poderán ir acompañadas dun documento asinado polo interesado ou o seu representante legal e axustado a un modelo publicado como Anexo II da Orde ECD/3305/2002. Este documento, unha vez selado pola unidade de Rexistro onde fora presentada a solicitude, terá o carácter de volante acreditativo de que tal solicitude foi presentada e, dentro do prazo de vixencia do mesmo, permitirá a mencionada inscrición nos mesmos termos que se a homologación ou validación fora concedida, aínda que con carácter condicional e polo prazo nel fixado.

A expedición de dito Volante realízase baixo a persoal responsabilidade do solicitante e non condiciona a resolución final do expediente. No caso de que a resolución non se produza nos termos solicitados, quedará sen efecto a inscrición condicional e os resultados dos exames realizados como consecuencia da mesma.

  • HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS ESTRANXEIROS DE EDUCACIÓN SUPERIOR A TÍTULOS UNIVERSITARIOS E GRAOS ACADÉMICOS ESPAÑOIS
  • Destinatarios

Calquera titulado pode solicitar a homologación dos títulos extranxeiros de educación superior obtidos no estranxeiro.

A homologación outorga en España validez oficial ós títulos de educación superior obtidos no estranxeiro. Un título estranxeiro homologado posúe os mesmos efectos (académicos ou profesionais) do título ou grao académico español ó cal se homologa, en todo o territorio nacional. Estes efectos prodúcense dende a data na que sexa concedida e se expida a correspondente credencial.

  • Órganos competentes

Para a homologación a títulos concretos, ós actuais graos académicos de Diplomado e Licenciado é competente a Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Cualificacións do Ministerio de Educación.

A homologación a títulos e graos académicos de Posgrao (máster e doutor) é competencia dos Reitores da Universidades Españolas.

Neste Ministerio pódense solicitar dous tipos de homologacións:

  • A un título universitario oficial español concreto incluído no Catálogo de títulos universitarios oficias, que estea vixente e implantado na súa totalidade en a lo menos unha Universidade Española
  • Ó grao de Diplomado ou Licenciado
    • Procedemento

O procedemento iníciase a instancia do interesado trala cumprimentación da solicitude e a presentación da mesma nun rexistro oficial.

    • Documentación

Os documentos necesarios son os seguintes:

  • Copia compulsada do documento que acredite a identidade e nacionalidade do solicitante, expedido polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia ou polas autoridades españolas competentes en materia de estranxeiría. No caso de cidadáns españois, fotocopia compulsada do D.N.I.
  • Copia compulsada do Título cuxa homologación se solicita ou da certificación acreditativa da súa expedición.
  • Copia compulsada da certificación académica dos cursos realizados polo solicitante para a obtención do título, na que consten, entre outros extremos, a duración oficial, en anos académicos, do plan de estudos seguido, as sinaturas cursadas e a carga horaria de cada unha delas.
  • Acreditación do abono da taxa correspondente.

Os documentos anteriores son imprescindibles para iniciar o procedemento, posteriormente si se necesita documentación adicional seralle solicitada.

Todos os documentos que se aporten a este procedemento deberán se oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes para elo.

Non se esixe ningún tipo de legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou Suíza. Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro que queiran facerse valer nestes procedementos deberán estar debidamente legalizados.

Os documentos expedidos no estranxeiro deberán ir acompañados de tradución oficial ó castelán.

A tradución oficial de documentos poderá facerse:

  • Por intérprete xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.
  • Por calquera Representación diplomática ou consular do Estado Español no estranxeiro.
  • Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán o solicitante ou, no seu caso, do de procedencia do documento
    • Lugar de presentación

Poderán presentarse en:

  • As oficinas o rexistro do órgano administrativo ó que se dirixan.

Cando se dirixan ó Sr./a Ministro/a de Educación, Cultura e Deporte, serán:

  • Rexistro Xeral ou Rexistro Auxiliares do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
  • Áreas Funcionais de Alta Inspección de Educación das Delegacións do Goberno nas Comunidades Autónomas, ou Delegacións Provincias do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en Ceuta e Melilla.

En calquera outro dos lugares sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, é dicir:

  • Nas oficinas do rexistro de calquera órgano administrativo pertencente á Administración Xeral do Estado, ou dos Organismos públicos vinculados ou dependentes daquela.
  • Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
  • Nos rexistros das Administracións das Comunidades Autónomas
  • Nos rexistros das entidades que integran a Administración local, sempre que previamente se subscribira o correspondente convenio.
  • En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

As persoas estranxeiras residentes en Pontevedra que desen solicitar a validación de títulos ou estudos cursados no estranxeiro poderán dirixirse a:
Subdelegación do Goberno
Praza de España s/n
36002 Pontevedra

  • Resolución do procedemento

A resolución do procedemento de homologación a un título do Catálogo será motivada e conterá un dos seguintes pronunciamentos:

  • A homologación do título estranxeiro ó correspondente título español do Catálogo de títulos universitarios oficiais.
  • A denegación da homologación solicitada
  • A homologación condicionada á previa superación de requisitos formativos complementarios. Neste caso, a resolución deberá indicar de forma expresa as carencias formativas observadas que xustifiquen a esixencia destes complementos de formación, así como os aspectos sobre os que os mesmos deberán versar.

A resolución do procedemento de homologación a grao académico será motivada e conterá un dos seguintes pronunciamentos:

  • A homologación do título estranxeiro ó correspondente grao académico español
  • A denegación da homologación solicitada

As resolucións de homologación de títulos estranxeiros de educación superior formalizarase mediante credencial expedida pola Subdirección Xeral de Títulos e Recoñecemento de Cualificacións do Ministerio de Educación.

Cando a homologación quedara condicionada á previa superación de requisitos formativos complementarios, a credencial expedirase cando acredite ante o órgano instrutor o cumprimento de ditos requisitos.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625