Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 1020 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Rexime de Entrada - Estancia - Residencia

ESTANCIA

1. ESTANCIA DE CURTA DURACIÓN

Atópase en situación de estancia de curta duración o estranxeiro que non sexa titular dunha autorización de residencia e se atope autorizado para permanecer en España por un período ininterrompido ou suma de períodos sucesivos cuxa duración total non exceda de 90 días por semestre a partir da data da primeira entrada, sen prexuízo do disposto para a admisión a efectos de estudos, mobilidade de alumnos, prácticas non laborais ou servizos de voluntariado.

Se se trata dunha estancia con fins de tránsito, a duración da estancia autorizada corresponderá ó tempo necesario para efectuar o tránsito.

O réxime de esixencia de visado de estancia será o establecido polo Dereito da Unión Europea ou, para os titulares de pasaportes diplomáticos, oficiais ou de servizo, no que dispoñan os acordos internacionais subscritos por España.

Nos supostos en que a situación de estancia esixa visado, esta deberá realizarse dentro do seu período de validez.

2. VISADOS DE ESTANCIA DE CURTA DURACIÓN. CLASES

Os visados de estancia de curta duración poden ser:

  • a) Visado uniforme: válido para o tránsito polo Espazo Schengen durante un período non superior ó tempo necesario para realizar dito tránsito ou para a estancia en dito Espazo Schengen ata un máximo de noventa días por semestre. Poderá permitir un, dous ou múltiples tránsitos ou estancias cuxa duración total non poderá exceder de noventa días por semestre.
    Únicamente nos supostos previstos no artigo 39 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, o visado de estancia autorizará ó titular para buscar emprego e solicitar a autorización de residencia e traballo en España durante a súa vixencia nos termos e condicións establecidos no Regulamente de desenvolvemento de dita lei, que o Ministerio de Traballo e Inmigración completará mediante Orde ó respecto.
  • b) Visado de validez territorial limitada: válido para o tránsito ou a estancia no territorio dun ou máis dos Estados que integran o Espazo Schengen, pero non para todos eles. A duración total do tránsito ou da estancia non poderá exceder de noventa días por semestre.

3. SOLICITUDE DE VISADO DE ESTANCIA DE CURTA DURACIÓN

O procedemento e condicións para a expedición de visados uniformes e de validez territorial limitada regúlanse polo establecido no Dereito da Unión Europea.

Na tramitación do procedemento, a misión diplomática ou oficina consular poderá requirir a comparecencia do solicitante e , cando o estime necesario, manter unha entrevista persoal para comprobar a súa identidade, a validez da súa documentación persoal ou da documentación aportada, a regularidade da estancia ou residencia no país de solicitude, o motivo, itinerario, duración do viaxe e as garantías de que o solicitante ten intención de abandonar o territorio dos Estados membros antes da expiración do visado solicitado. En todo caso, se transcorridos quince días dende o requirimento o solicitante non comparece persoalmente, se lle terá por desistido da súa solicitude e producirase o arquivo do procedemento.

Presentada en forma ou subsanada a solicitude de visado e unha vez instruído o procedemento, a misión diplomática ou oficina consular ante a que se presente a solicitude resolverá motivadamente e expedirá, no seu caso, o visado.

No suposto de concesión do visado, o estranxeiro deberá recollelo no prazo dun mes dende a súa notificación, persoalmente ou mediante representante debidamente acreditado.

4. PRÓRROGA E EXTINCIÓN DA ESTANCIA DE CURTA DURACIÓN

4.1. Prórroga de estancia sen visado. Procedemento

O estranxeiro que teña entrado en España para fins que non sexan de traballo ou residencia, salvo nos casos de ser titular dun visado para procura de emprego, e se atope no período de estancia que sinala o artigo 30 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, poderá solicitar unha prórroga de estancia de corta duración, co límite temporal previsto en dito artigo.

A solicitude formalizarase nos modelos oficiais, determinados pola Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, e a ela acompañarase os seguintes documentos:
  • a) Pasaporte ordinario ou documento de viaxe, con vixencia superior á da prórroga de estancia que se solicite, que se anotará no expediente e devolverase ó interesado.
  • b) Acreditación das razón alegadas para a súa solicitude, que deberán ser excepcionais, no suposto de nacionais de Estados ós que non se esixe visado para a súa entrada en España.
  • c) Proba suficiente de que dispón de medios económicos axeitados para o tempo de prórroga que se solicita.
  • d) Un seguro de asistencia en viaxe coa mesma cobertura que o necesario para a solicitude do visado de estancia de curta duración, e cunha vixencia igual ou superior á prórroga solicitada.
  • e) As garantías de retorno ó país de procedencia ou, no seu caso, de admisión no Estado terceiro de destino, con anterioridade á data de finalización da prórroga que se solicita. Poderá servir como medio para acreditar dita circunstancia a aportación dun billete adquirido a nome do solicitante con data de retorno pechada anterior á finalización do período de prórroga de estancia solicitada.
O solicitante deberá identificarse persoalmente ante a Oficina de Estranxeiría, xefatura superior ou Comisaría de Policía da localidade onde se atope, ó facer a presentación da solicitude ou no momento da tramitación no que a tal efecto fora requirido polo órgano competente.

En Tui: Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui
R/ Párroco Rodríguez Vázquez, nº3
36700 Tui
Teléfono: 986600316 / 986600658

A prórroga de estancia farase constar no pasaporte ou título de viaxe, ou en documento aparte se o interesado entrara en España con outro tipo de documentación, e amparará ó seu titular e ós familiares que, no seu caso, figuren en ditos documentos e se atopen en España.

4.2. Extinción da prórroga de estancia

A vixencia da prórroga de estancia extinguirase polas seguintes causas:
  • a) O transcurso do prazo para o que fora concedida
  • b) Atoparse o estranxeiro incurso nalgunha das causas de prohibición de entrada.

4.3. Prórroga do visado de estancia de curta duración

A prórroga dun visado expedido levarase a cabo segundo o establecido no Dereito da Unión Europea.

Será competente para a tramitación do procedemento de prórroga do visado a Oficina de Estranxeiría, xefatura superior ou Comisaría de Policía da provincia onde vaia permanecer o estranxeiro. A prórroga concedida plasmarase nunha etiqueta de visado que se expedirá nas unidades policiais que determine a Dirección Xeral da Policía e da Garda Civil.

5. SUPOSTOS EXCEPCIONAIS DE ESTANCIA

5.1. Estancia en supostos de entrada ou documentación irregulares.

Excepcionalmente, e sempre que existan motivos humanitarios, de interese público ou obrigacións internacionais, o titular do Ministerio do Interior ou ou o titular do Ministerio de Traballo e Inmigración poderán autorizar a estancia en territorio español, por un máximo de tres meses nun período de seis, ós estranxeiros que entraran nel con documentación defectuosa ou incluso sen ela ou por lugares non habilitados ó efecto.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625