Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 1020 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Rexime de Entrada - Estancia - Residencia

REXIME DE ENTRADA

ENTRADA EN TERRITORIO ESPAÑOL

Entrada por postos habilitados
Requisitos de entrada:

  • Pasaporte ou documento de viaxe (Validamente expedido e en vigor)
  • Visado (Validamente expedido e en vigor. Existe un listado de países sometidos á obriga de visado que pode consultarse na páxina web do Ministerio de Asuntos Exteriores)
  • Xustificación do motivo e condicións de entrada e estancia (Viaxe de carácter profesional, turístico ou privado, de estudos ou formación...)
  • Acreditación de medios económicos. A Orde Ministerial de 2007 establece que deberá acreditarse o 10% do SMI (que no 2011 son 64,14 euros) multiplicado polo número de días que pretenda permanecer en España e polo número de persoas. Dita cantidade será, en todo caso, dun mínimo do 90% do SMI (no 2011, 577,26 euros)
  • Certificados sanitarios. Expedido no país de procedencia polos servizos médicos que designe a misión diplomática ou oficina consular


1. ENTRADA POR POSTOS HABILITADOS

Sen prexuízo do dispostos polos convenios internacionais subscritos por España, o estranxeiro que pretenda entrar en territorio español deberá facelo polos postos habilitados ó efecto, atoparse provisto do pasaporte ou documento de viaxe en vigor que acredite a súa identidade e que se considere válido para tal fin, estar en posesión dun visado válido cando este sexa esixible, e non estar suxeito a prohibicións expresas de entrada. Asimesmo, deberá presentar os documentos que se determinen regulamentariamente que xustifiquen o obxecto e condicións de estancia, e acreditar a posesión dos medios económicos suficientes para o tempo que pretenda permanecer en España ou, no seu caso, estar en condicións de obter legalmente ditos medios.

2. REQUISITOS

A entrada dun estranxeiro en territorio español estará condicionada ó cumprimento dos seguintes requisitos:
  • a) Titularidade do pasaporte ou documentos de viaxe
  • b) Titularidade do correspondente visado
  • c) Xustificación do obxecto e as condicións de entrada e estancia
  • d) Acreditación, no seu caso, dos medios económicos suficientes para o seu sostemento durante o período de permanencia en España, ou de estar en condicións de obtelos, así como para o traslado a outro país ou o retorno ó de procedencia.
  • e) Presentación, no seu caso, dos certificados sanitarios
  • f) Non estar suxeito a unha prohibición de entrada
  • g) Non supoñer un perigo para a saúde pública, a orde pública, a seguridade nacional ou as relacións internacionais de España ou doutros Estados cos que España teña un convenio en tal sentido.

A Comisaría Xeral de Estranxeiría e Fronteiras poderá autorizar a entrada en España dos estranxeiros que non reúnan os requisitos establecidos no apartado anterior cando existan razóns excepcionais de índole humanitaria, interese público ou cumprimento de compromisos adquiridos por España.

3. DOCUMENTACIÓN PARA A ENTRADA

Para acreditar a súa identidade, o estranxeiro que pretenda entrar en España deberá atoparse provisto dun dos seguintes documentos:
  • a) Pasaporte, individual, familiar ou colectivo, validamente expedido e en vigor. Os menores de 16 anos poderán figurar incluídos no pasaporte do seu pai, nai ou titor, cando teñan a mesma nacionalidade do titular do pasaporte e viaxen con este.
  • b) Título de viaxe, validamente expedido e en vigor.
  • c) Documento nacional de identidade, cédula de identificación ou calquera outro documento que acredite a súa identidade, que teñan sido considerados válidos para a entrada en territorio español, en virtude de compromisos internacionais asumidos por España.
Tanto os pasaportes como os títulos de viaxe e demais documentos que se consideren válidos deberán estar expedidos polas autoridades competentes do país de orixe ou de procedencia dos seus titulares ou polas organizacións internacionais habilitadas para elo polo Dereito Internacional e conter, en todo caso, datos suficientes para a determinación de identidade e nacionalidade dos titulares.

4. ESIXENCIA DE VISADO

Os estranxeiros que se propoñan entrar en territorio español deberán ir provistos do correspondente visado, validamente expedido e en vigor, estendido nos seus pasaportes ou documentos de viaxe ou, no seu caso, en documento aparte, salvo o disposto no apartado seguinte.

Para estancias de ata 3 meses nun período de 6 non necesitarán visado:
  • a) Os nacionais de países exentos de dito requisito en virtude do establecido na normativa da Unión Europea.
  • b) Os titulares de pasaportes diplomáticos, de servizo ou outros pasaportes oficiais expedidos por países cos que se teña acordado a súa supresión, na forma e condicións establecidas no acordo correspondente.
  • c) Os titulares de salvoconductos expedidos por determinadas organizacións internacionais intergubernamentais ós seus funcionarios, cando España teña acordado a supresión de dito requisito.
  • d) Os estranxeiros que teñan a condición de refuxiados e estean documentados como tales por un país signatario do Acordo Europeo número 31, de 20 de abril de 1959, relativo á exención dos visados para refuxiados.
  • e) Os membros das tripulación de avións comerciais estranxeiros que estean documentados como tales mediante a tarxeta de membro da tripulación durante a escala da súa aeronave ou entre dúas escalas de voos regulares consecutivos da mesma compañía aérea a que pertenza a aeronave.
  • f) Os estranxeiros titulares dunha autorización de residencia, unha autorización provisional de residencia, un visado de longa duración ou unha tarxeta de acreditación diplomática, expedidos polas autoridades doutro Estado co que España teña subscrito un acordo internacional que contemple esta posibilidade. Estas autorización deberán ter unha vixencia mínima igual ó prazo de estancia, ou da duración do tránsito, previsto no momento de solicitar a entrada.

Non precisarán visado para entrar en territorio español os estranxeiros titulares dunha Tarxeta de Identidade de Estranxeiro, dunha tarxeta de acreditación diplomática, ou dunha autorización de regreso, nin os titulares dunha Tarxeta de Identidade de Estranxeiro de traballador transfronteirizo respecto á entrada en territorio español que forma fronteira co país do traballador, sempre que as autorización que acreditan ditos documentos foran expedidas polos órganos españois e estean vixentes no momento de solicitar a entrada.

4.1. Tipos de visado

Os visados serán dalgunha das seguintes clases:
  • a) Visado de tránsito, que habilita a transitar pola zona de tránsito internacional dun aeroporto español ou a atravesar o territorio español.
  • b) Visado de estadía (estancia), que habilita para unha estancia ininterrumpida ou estancias sucesivas por un período ou suma de períodos cuxa duración total non exceda de tres meses por semestre a partir da data da primeira entrada.
  • c) Visado de residencia, que habilita para residir sen exercer unha actividade laboral.
  • d) Visado de residencia e traballo, que habilita para a entrada e estancia por un período de tres meses e para o comezo, nese prazo, da actividade laboral ou profesional para a que fora previamente autorizado. Neste tempo deberá producirse o alta do traballador na Seguridade Social, que dotará de eficacia a autorización de residencia e traballo, por conta propia ou allea. Se transcorrido o prazo non se producira o alta, o estranxeiro quedará obrigado a saír do territorio nacional, incorrendo, en caso contrario, nunha infracción.
  • e) Visado de residencia e traballo de temporada, que habilita para traballar por conta allea ata nove meses nun período de doce meses consecutivos.
  • f) Visado de estudos, que habilita a permanecer en España para a realización de cursos, estudos, traballos de investigación ou formación, intercambio de alumnos, prácticas non laborais ou servizos de voluntariado, non remunerados laboralmente.
  • g) Visado de investigación, que habilita ó estranxeiro a permanecer en España para realizar proxectos de investigación no marco dun convenio de acollida firmado cun organismo de investigación.

4.2. Expedición do visado

O visado solicitarase e expedirase nas Misións Diplomáticas ou Oficinas Consulares de España, salvo supostos excepcionais.

A concesión do visado:
  • a) Habilitará ó estranxeiro para presentarse nun posto fronteirizo español e solicitar a súa entrada.
  • b) Habilitará ó estranxeiro, unha vez se efectúe a entrada en territorio español, a permanecer en España na situación para a que se expedira, sen prexuízo da obrigatoriedade de obter, no seu caso, a Tarxeta de Identidade de Estranxeiro.

5. XUSTIFICACIÓN DO OBXECTO E CONDICIÓNS DE ENTRADA

Os estranxeiros deberán, se así se lles require, especificar o motivo da súa solicitude de entrada e estancia en España.

Os funcionarios responsables do control de entrada en función, entre outras circunstancias, do motivo e duración do viaxe poderán esixirlles a presentación de documentos que xustifiquen ou establezan a verosimilitude da razón de entrada invocada.

Os estranxeiros que soliciten a entrada, para xustificar a verosimilitude do motivo invocado, poderán presentar calquera documento ou medio de proba que, o seu xuízo, xustifique os motivos de entrada manifestados.

A estes efectos, poderá esixirse a presentación, entre outros, dos seguintes documentos:
En relación con calquera dos motivos de solicitude de entrada e estancia previstos neste apartado, billete de volta ou de circuíto turístico.
  • a) Ademais, para os viaxes de carácter profesional, alternativamente:
      1. A invitación dunha empresa ou dunha autoridade expedida, nos termos fixados mediante Orde do titular do Ministerio da Presidencia, a proposta conxunta dos titulares dos Ministerios de Asuntos Exteriores e de Cooperación, do Interior e de Traballo e Inmigración, para participar en reunións de carácter comercial, industrial ou vinculadas á actividade.
      2. Documentos dos que se desprenda que existen relacións comerciais ou vinculadas á actividade
      3. Tarxetas de acceso a feiras ou congresos.
  • b) Ademais, para os viaxes de carácter turístico ou privado, alternativamente:
      1. Documento xustificativo da existencia dun lugar de hospedaxe a disposición do estranxeiro: ben emitido polo establecemento de hospedaxe ou ben consistente en carta de invitación dun particular, expedida nos termos fixados mediante Orde do titular do Ministerio da Presidencia, a proposta conxunta dos titulares dos Ministerios de Asuntos Exteriores e de Cooperación, do Interior e de Traballo e Inmigración, cuxo contido terá que responder exclusivamente a que quede constancia da existencia de hospedaxe certo a disposición do estranxeiro. En ningún caso, a carta de invitación suplirá a acreditación polo estranxeiro dos demais requisitos esixidos para a entrada. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, o documento xustificativo da existencia dun lugar de hospedaxe a disposición do estranxeiro conterá a información relativa a si o aloxamento supón ou non a cobertura de toda ou parte da súa manutención.
      2. Confirmación da reserva dun viaxe organizado
  • c) Ademais, para as viaxes por motivos de estudos ou formación: matrícula ou a documentación acreditativa da admisión nun centro de ensino.
  • d) Ademais, para os viaxes por outros motivos, alternativamente:
      1. Invitacións, reservas ou programas.
      2. Certificados de participación en eventos relacionados coa viaxe, tarxetas de entrada ou recibos.

6. ACREDITACIÓN DE MEDIOS ECONÓMICOS

O estranxeiro deberá acreditar, no momento de entrada, que dispón de recursos ou medios económicos suficientes para o seu sostemento e o das persoas ó seu cargo que viaxan con el, durante o período de permanencia en España, ou que estean en condicións de obter legalmente ditos medios. Mediante Orde do titular do Ministerio da Presidencia, a proposta conxunta dos titulares dos Ministerios de Asuntos Exteriores e de Cooperación, do Interior e de Traballo e Inmigración determinarase a contía dos medios económicos esixibles a estes efectos, así como o modo de acreditar a súa posesión.

7. REQUISITOS SANITARIOS

Cando así o determine o Ministerio de Interior, de acordo cos Ministerios de Sanidade, Política Social e Igualdade, e de Traballo e Inmigración, as persoas que pretendan entrar en territorio español deberán presentar nos postos fronteirizos un certificado sanitario expedido no país de procedencia polos servizos médicos que designe a misión diplomática ou oficina consular española, ou someterse a súa chegada, na fronteira, a un recoñecemento médico por parte dos servizos sanitarios españois competentes, para acreditar que non padecen ningunha das enfermidades que poidan ter repercusións de saúde pública graves de conformidade co disposto no Regulamento Sanitario Internacional de 2005, así como nos compromisos internacionais sobre a materia subscritos por España, sen prexuízo do que se dispoña, ó efecto, pola normativa da Unión Europea.

Os recoñecementos médicos realizaranse en todo caso de acordo co establecido no Regulamento Sanitario Internacional de 2005.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625