Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 886 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Entrada e Saída - Estancia e Residencia - Residencia de Carácter Permanente

RESIDENCIA DE CARÁCTER PERMANENTE

  • DEREITO A RESIDIR CON CARÁCTER PERMANENTE

Son titulares do dereito a residir con carácter permanente os cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, e os membros da familia que non sexan nacionais dun  de ditos Estados, que teña residido legalmente en España durante un período continuado de cinco anos.

A petición do interesado a Oficina de estranxeiros da provincia onde este teña a súa residencia ou, no seu defecto a Comisaría de Policía correspondente, expedirá, coa maior brevidade posible e tras verificar a duración da residencia, un certificado do dereito a residir con carácter permanente.

En Tui: R/ Párroco Rodríguez Vázquez,3

Igualmente, terán dereito á residencia permanente, antes de que finalice o período de cinco anos, as persoas nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • O traballador por conta propia ou allea que, no momento no que cese a súa actividade, teña alcanzada a idade prevista n lexislación española para acceder á xubilación con dereito a pensión, ou o traballador por conta allea que deixe de ocupar a actividade remunerada con motivo dunha xubilación anticipada, cando teñan exercido a súa actividade en España, durante, a lo menos, os últimos doce meses e teñan residido en España de forma continuada durante máis de tres anos.

A condición de duración de residencia non se esixirá si o cónxuxe ou parella rexistrada do traballador é cidadán español ou perdera a nacionalidade española tras matrimonio ou inscrición como parella rexistrada co traballador

  • O traballador por conta propia ou allea que cesara  no desempeño da súa actividade como consecuencia de incapacidade permanente, tendo residido en España durante máis de dous anos sen interrupción. Non será necesario acreditar tempo algún de residencia se a incapacidade resultara de accidente de traballo ou de enfermidade profesional que de dereito a unha pensión, da que sexa responsable, total ou parcialmente, un organismo do Estado español.

A condición de duración de residencia non se esixirá si o cónxuxe ou parella rexistrada do traballador é cidadán español ou perdera a nacionalidade española tras matrimonio ou inscrición como parella rexistrada co traballador

  • O traballador por conta propia ou allea que, despois de tres anos consecutivos de actividade e de residencia continuadas en territorio español desempeñe a súa actividade, por conta propia ou allea, noutro Estado membro e manteña a súa residencia en España, regresando ó territorio español diariamente, ou, a lo menos, unha vez por semana. Ós exclusivos efectos do dereito de residencia, os períodos de actividade exercidos noutro Estado membro da Unión Europea consideraranse cumpridos en España.

Os membros da familia do traballador por conta propia ou allea que residan con el en España terán, con independencia da súa nacionalidade, dereito de residencia permanente cando o propio traballador adquirira para si o dereito de residencia permanente+ por atoparse nalgún dos supostos anteriores.

Se o titular do dereito a residir en territorio español falecera no curso da súa vida activa, con anterioridade á adquisición do dereito de residencia permanente en España, os membros da súa familia que residiran con el no territorio nacional terán dereito á residencia permanente sempre e cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

  • Que o titular do dereito a residir en territorio español residira , de forma continuada en España, na data do seu falecemento durante, a lo menos, dous anos.
  • Que o falecemento se debera a accidente de traballo ou enfermidade profesional
  • Que o cónxuxe supérstite fora cidadán español e perdera a nacionalidade española como consecuencia do matrimonio co falecido.

Perderase o dereito de residencia permanente por ausencia do territorio español durante máis de dous anos consecutivos.

  • TARXETA DE RESIDENCIA PERMANENTE PARA MEMBROS DA FAMILIA QUE NON TEÑAN A NACIONALIDADE DUN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA OU DOUTRO ESTADO PARTE NO ACORDO SOBRE O ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO

As autoridades competentes expedirán ós membros da familia con dereito de residencia permanente que non sexan nacionais doutro Estado membro da Unión Europea ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, unha tarxeta de residencia permanente, no prazo de tres meses contados dende a data en que a correspondente solicitude tivera entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

A solicitude deberá presentarse no modelo oficial establecido ó efecto, durante o mes anterior á caducidade da tarxeta de residencia, podendo tamén presentarse dentro dos tres meses posteriores a dita data de caducidade sen prexuízo da sanción administrativa que corresponda. Dita tarxeta será renovable automaticamente cada dez anos.

Xunto coa solicitude da citada tarxeta deberá presentarse a documentación seguinte:

  • Pasaporte válido e en vigor. Se estivera caducado, copia deste e da solicitude de renovación.
  • Documentación acreditativa do suposto que da dereito á tarxeta.
  • Tres fotografías recentes en cor, en fondo branco, tamaño carné.

 

As interrupcións de residencia non superiores a dous anos consecutivos, non afectará á vixencia da tarxeta de residencia permanente.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625