Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 886 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Entrada e Saída - Estancia e Residencia - Residencia de Carácter Permanente

ESTANCIA E RESIDENCIA

  • ESTANCIA INFERIOR A TRES MESES

Nos supostos nos que a permanencia en España dun cidadán dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte  no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo , calquera que sexa a súa finalidade, teña unha duración inferior a tres meses, será suficiente a posesión de pasaporte ou documento de identidade en vigor, en virtude do cal se efectuara a entrada en territorio español.

Isto será de aplicación para os familiares dos cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte  no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, que non sexan nacionais dun destes Estados, e acompañen ó cidadán dun destes Estados ou se reúnan con el, que estean en posesión dun pasaporte válido e en vigor, e que teñan cumprido os requisitos de entrada.

  • RESIDENCIA SUPERIOR A TRES MESES

Os cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte  no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo teñen dereito a residir en territorio español por un período superior a tres meses. Os interesados estarán obrigados a solicitar persoalmente ante a Oficina de Estranxeiros da provincia onde pretendan permanecer ou fixar a súa residencia ou, no seu defecto, ante a Comisaría de Policía correspondente, a súa inscrición no Rexistro Central de estranxeiros (modelo oficial EX16)

En Tui: R/ Párroco Rodríguez Vázquez,3

Dita solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses contados dende a data de entrada en España, séndolles expedido de forma inmediata un certificado de rexistro no que constará o nome, nacionalidade e domicilio da persoa rexistrada, o seu número de identidade de estranxeiro,e a data de rexistro.

Xunto coa solicitude de inscrición deberá presentarse o pasaporte ou documento nacional de identidade válido e en vigor do solicitante.

  • RESIDENCIA SUPERIOR A TRES MESES CON TARXETA DE RESIDENCIA DE FAMILIAR DE CIDADÁN DA UNIÓN EUROPEA

Os membros da familia dun cidadán dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte  no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, incluídos no ámbito de aplicación do Real Decreto 240/2007, de 16 de febreiro, que non ostenten a nacionalidade dun de ditos Estado, cando o acompañen  ou se reúnan con el, poderán residir en España por un período superior a tres meses, estado suxeitos á obriga de solicitar e obter unha “tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión

A solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses dende a data de entrada en España, ante a Oficina de Estranxeiros da provincia onde pretendan permanecer ou fixar a súa residencia ou, no seu defecto, ante a Comisaría de Policía correspondente.

Xunto co impreso de solicitude, cumprimentado no modelo oficial  (EX16), deberá presentarse a documentación seguinte:

  • Pasaporte válido e en vigor. Se está caducado, copia deste e da solicitude de renovación.
  • Documentación acreditativa, no seu caso debidamente traducida e apostillada ou legalizada, da existencia do vínculo familiar, matrimonio ou unión rexistrada que causa dereito á tarxeta.
  • Certificado do rexistro do familiar comunitario ó que acompaña ou co que se vai reunir.
  • No caso de descendentes de 21 anos ou maior idade ou ascendentes directos: documentación acreditativa de vivir a cargo ou expensas do familiar comunitario ó que acompaña ou con que se vai reunir.
  • Tres fotografías recentes en cor, en fondo branco, tamaño carné.

 

A tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión terá unha validez de cinco anos a partir da data da súa expedición, ou polo período previsto de residencia do cidadán da Unión ou dun Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, se dito período fose inferior a cinco anos

  • MANTEMENTO A TÍTULO PERSOAL DO DEREITO DE RESIDENCIA DOS MEMBROS DA FAMILIA, EN CASO DE FALECEMENTO, SAÍDA DE ESPAÑA, NULIDADE DO VÍNCULO MATRIMONIAL, DIVORCIO, SEPARACIÓN LEGAL OU CANCELACIÓN DA INSCRICIÓN COMO PARELLA REXISTRADA, EN RELACIÓN CO TITULAR DO DEREITO DE RESIDENCIA

Cumpridas determinadas condicións, a saída de España, falecemento, nulidade do vínculo matrimonial, divorcio, separación legal ou cancelación da inscrición como parella rexistrada non afectarán ó dereito de residencia dos seus familiares.

Non obstante, antes de que transcorran seis meses dende que se produza calquera dos supostos citados, o familiar non comunitario deberá ter solicitado a oportuna autorización de residencia no réxime xeral de estranxeiría.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625