Notice: Undefined index: se_3 in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 8 Notice: Undefined variable: contenido in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/inmigracion_emigracion.php on line 886 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Entrada e Saída - Estancia e Residencia - Residencia de Carácter Permanente

ENTRADA E SAÍDA

  • ENTRADA

A entrada en territorio español do cidadán da Unión  efectuarase co pasaporte ou documento de identidade válido e en vigor e no que conste a nacionalidade do titular.

Os membros da familia que non posúan a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo efectuarán a súa entrada cun pasaporte válido e en vigor, necesitando ademais, o correspondente visado de entrada obtido na Misión Diplomática ou Oficina Consular de España no seu país de orixe ou residencia, se pola súa nacionalidade o precisan.

A posesión da tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión, válida e en vigor, expedida por outro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, eximirá a ditos membros da familia da obriga de obter o visado de entrada e, á presentación de dita tarxeta, non se requirirá a estampación do selo de entrada ou de saída no pasaporte. 

  • SAÍDA

Os cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte  no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, e os membros da súa familia con independencia da súa nacionalidade, terán dereito a saír de España para trasladarse a outro Estado membro, con independencia da presentación do pasaporte ou documento de identidade en vigor ós funcionarios do control fronteirizo se a saída se efectúa por un posto habilitado, para a súa obrigada comprobación, e dos supostos legais de prohibición de saída por razóns de seguridade nacional ou de saúde pública, ou previstos no Código Penal.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625